Yvonne Blake
From Wikipedia, the free encyclopedia
Yvonne Ann Blake, nada en Manchester o 17 de abril de 1940[1] e finada en Madrid o 17 de xullo de 2018, foi unha deseñadora de vestiario hispano-británica, gañadora dun premio Óscar e catro premios Goya. En 2012 converteuse na primeira muller galardoada co Premio Nacional de Cinematografía sen ser actriz.[2] Ademais foi presidenta da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España (AACCE) dende 2016 ata 2018.[3]
![]() (2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de abril de 1940 Manchester, Reino Unido |
Morte | 17 de xullo de 2018 (78 anos) Madrid, España |
Causa da morte | ictus |
Actividade | |
Ocupación | diseñador de vestuario |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Yvonne Blake, Award-Winning Costume Designer, Is Dead at 78 (en) |
![]() |
Traxectoria
Nada en Manchester, aos 16 anos obtivo unha bolsa para estudar arte, deseño e escultura no Regional College of Art & Design de Manchester. Posteriormente viaxou a Londres e presentou o seu cartafol na Casa Bermans, creadora de vestiarios como os de Cleopatra. Ao ver os seus esbozos, ofrecéronlle un posto de axudante de Cynthia Tingey, deseñadora estable da casa e creadora do vestiario de estrelas de cine.[4]
Tras traballar varias veces de axudante, o seu primeiro traballo como deseñadora no cinema foi en 1966 co filme de Daniel Mann Judith, protagonizada por Sophia Loren.[5] Os seus seguintes títulos foron Falso ídolo, El espía de la nariz fría e Fahrenheit 451.
Na súa primeira etapa en España, Blake participou na rodaxe de dous filmes, Duffy, protagonizada por Susannah York, James Coburn e James Mason, e o western cómico A Talent for Loving. Nesta rodaxe coñeceu o que foi o seu marido, Gil Carretero, que era segundo axudante de dirección. En 1971 gañou o Oscar ao mellor vestiario co filme Nicolás e Alexandra, unha superprodución dirixida por Franklin J. Schaffner e producida por Sam Spiegel.
O 14 de xullo de 2016, Blake asumiu en funcións o posto de presidente da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España tras dimitir o seu predecesor, Antonio Resines.[5][6] O 15 de outubro, ao ser a única candidata nas eleccións, a institución ratificouna como a súa presidenta.[7]
O 3 de xaneiro de 2018 foi ingresada de urxencia no Hospital Universitario Ramón y Cajal tras sufrir un ictus.[8] Unha semana despois abandonou a UCI e comezou a recuperación.[9] Polo seu mal estado de saúde, Blake abandonou as súas responsabilidades de presidenta da AACCE. O 9 de abril a Academia nomeou a Blake presidenta de honor da institución, designou a Mariano Barroso como presidente en funcións e convocou eleccións a presidente.[10] Yvonne Blake faleceu o 17 de xullo de 2018 aos 78 anos, sen acabar de recuperarse do ictus que sufrira seis meses atrás.[11]
Filmografía seleccionada
- Judith (Daniel Mann, 1966)
- Farenheit 451 (François Truffaut, 1966)
- Duffy (Robert Parrish, 1968)
- The Last Valley (James Clavell, 1971)
- Nicolás e Alexandra (Franklin J. Schaffner, 1971)
- Jesus Christ Superstar (Norman Jewison, 1973)
- The Three Musketeers (Richard Lester, 1973)
- The Four Musketeers (Richard Lester, 1974)
- Robin and Marian (Richard Lester, 1976)
- Superman (Richard Donner, 1978)
- Bearn o la sala de las muñecas (Jaime Chávarri, 1983)
- Remando ao vento (Gonzalo Suárez, 1988)
- Don Juan en los infiernos (Gonzalo Suárez, 1991)
- Carmen (Vicente Aranda, 2003)
- Tirant lo Blanc (Vicente Aranda, 2006)
- Goya's Ghosts (Milos Forman, 2006)
Premios
Premios Oscar
Mellor vestiario | ||||
Ano | Filme | Resultado | Notas | |
---|---|---|---|---|
1971 | Nicolás e Alexandra | Gañadora | Candidata con Antonio Castillo | |
1975 | The Four Musketeers | Candidata | Candidata con Ron Talsky | |
Premios da BAFTA
Mellor vestiario | ||||
Ano | Filme | Resultado | Notas | |
---|---|---|---|---|
1971 | Nicolás e Alexandra | Candidata | Candidata con Antonio Castillo | |
1973 | Jesus Christ Superstar | Candidata | ||
1974 | The Three Musketeers | Candidata | ||
1975 | The Four Musketeers | Candidata | ||
Premios Goya
Mellor vestiario | ||||
Ano | Filme | Resultado | Notas | |
---|---|---|---|---|
1988 | Remando ao vento | Gañadora | ||
1991 | Don Juan en los infiernos | Candidata | ||
1992 | La reina anónima | Candidata | ||
1994 | Canción de cuna | Gañadora | ||
2003 | Carmen | Gañadora | ||
2004 | The Bridge of San Luis Rey | Gañadora | ||
2006 | Goya's Ghosts | Candidata | ||
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.