Remove ads
instalación especial dentro da área hospitalaria From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha unidade de coidados intensivos (UCI), unidade de vixilancia intensiva (UVI), unidade de coidados críticos (UCC), centro de tratamento intensivo (CTI), unidade de medicina intensiva (UMI) ou unidade de terapia intensiva (UTI) é unha instalación especial dentro da área hospitalaria que proporciona medicina intensiva.
Os pacientes candidatos a entrar en coidados intensivos son aqueles que teñen algunha condición grave de saúde que pon en risco a súa vida e que, por tanto, requiren unha monitorización constante dos seus signos vitais e outros parámetros, como o control de líquidos.[1]
Moitos hospitais teñen habilitadas áreas de coidados intensivos para algunhas especialidades médicas.
Dependendo do volume de pacientes ingresados pode haber varias unidades de coidados intensivos especializadas en diferentes áreas da medicina, como son:
Se a poboación pediátrica o xustifica, desenvólvense:
As unidades de coidados intensivos poden formar parte dun medio de transporte, xa sexa en avións acondicionados como hospital, helicópteros, buques hospitalarios (usualmente integrados en corpos militares navais), ambulancias e autobuses.
Un profesional pertencente á unidade de coidados intensivos, denominado intensivista, ten unha especialidade á que a atención crítica se refire, así como os coñecementos e habilidades necesarios para o desenvolvemento das actividades que se precisan. A regulación das especialidades médicas e a conseguiente homologación na Unión Europea varía co paso do tempo, co que os criterios adecúanse ás necesidades e requirimentos de cada momento.
Segundo a última actualización dos estándares e recomendacións do Ministerio de Sanidade, o servizo ampliado de coidados críticos é unha das evolucións que se presentan en canto a servizos e unidades. Este servizo incluíuse para ofrecer un servizo máis completo aos pacientes enfermos agudos, entre o que se inclúe a resucitación e o recoñecemento da deterioración da condición clínica.[2]
A complexidade e gravidad das patoloxías e problemáticas dos pacientes que se encontran na necesidade de acudir á UCI, fai que sexan imprescindíbeis unha serie de normas e estándares para un correcto funcionamento de cada unidade. Para iso, existen dúas tipoloxías de normas relativas á UCI:
Así, dez comunidades autónomas víronse obrigadas ao cumprimento da lexislación vixente acorde ao RD 1277/2003, co que nalgúns casos deberon de levar a cabo unha serie de modificacións, mentres que as outras sete non se encontraron na necesidade de realizar ningunha modificación para o cumprimento da normativa vixente.[3]
O Ministerio de Sanidade establece uns dereitos e garantías básicas dos pacientes ingresados na UCI:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.