Yo, minoría absoluta
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Yo, minoría absoluta é o oitavo álbum de estudio do grupo estremeño de rock Extremoduro, gravado e producido por Iñaki "Uoho" Antón e publicado por DRO no 2002.
Yo, minoría absoluta | |
---|---|
Álbum de Extremoduro | |
Publicado | 4 de marzo de 2002 |
Xénero(s) | Rock |
Selo(s) | Lorentzo Records |
Produtor | Iñaki "Uoho" Antón |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Tras un descanso discográfico de catro anos desde Canciones prohibidas, publicado no 1998, Extremoduro publicou no 2002 un novo disco que foxe da artificiosidade e os complicados arranxos, seccións de corda e vento incluídas, deste último. Con Yo, minoría absoluta o grupo volve ao rock duro que lle caracterizou durante toda a súa traxectoria musical. Á hora de publicalo, Roberto Iniesta, líder de Extremoduro, calificouno como O mellor álbum que (Iniesta, como compositor) fixo nunca.
Orixinalmente o álbum foi publicado co formato de CD máis DVD; mentres que o primeiro incluía o disco en si, o segundo contiña dous videoclips correspondentes a dous temas do disco e cinco temas gravados en directo.
O público, despois da menor aceptación de Canciones prohibidas, si recibiu de bo grado o novo disco, do que saíron algúns himnos para o grupo que confirmaron que a banda non perdera fol co paso do tempo. Destacan principalmente A fuego, La vereda de la puerta de atrás, Puta e Standby. Esta última posúe a característica, estraña nas cancións de Extremoduro, de narrar unha historia de amor en terceira persoa.
Yo, minoría absoluta | |||
---|---|---|---|
Nº | Título | Duración | |
01 | "A fuego" | 05:26 | |
02 | "La vereda de la puerta de atrás" | 04:03 | |
03 | "Hoy te la meto hasta las orejas" | 03:43 | |
04 | "Standby" | 03:28 | |
05 | "Menamoro" | 03:08 | |
06 | "Luce la oscuridad" | 03:51 | |
07 | "Cerca del suelo" | 04:42 | |
08 | "Puta" | 05:38 | |
09 | "Buitre no come alpiste" | 04:18 | |
10 | "La vieja (canción sórdida)" | 04:42 |
Tres cancións do disco, Puta, A fuego e Standby, aparecen no filme La flaqueza del bolchevique (2003) de Manuel Martín Cuenca, que reflicten o estado de ánimo e situacións do protagonista, interpretado por Luís Tosar. No obradoiro desa mesma película tamén soaba Standby.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.