futbolista galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Yelko Pino Caride, nado o 30 de outubro de 1996 en Vigo, é un futbolista galego que xoga como mediapunta no Pontevedra, da Primeira División RFEF.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 30 de outubro de 1996 (27 anos) Vigo, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2013 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Nado en Vigo, Yelko Pino é un dos membros da xeración de xuvenís do Celta de Vigo que alcanzou a final da Copa de Campións celebrada na cidade olívica en 2013. Na posición de mediapunta, destacou como un dos piares do equipo dirixido por David de Dios, a pesar de ser un ou dous anos menor que a maioría dos seus compañeiros. Posteriormente subiu ao filial celeste, estreandose na Segunda División B con tan só 16 anos. No seu primeiro ano disputou un total de 32 partidos, 24 deles como titular, marcando un gol na penúltima xornada, cando o descenso do filial a Terceira era xa unha realidade.
A continuación estreouse co primeiro equipo, con Paco Herrera como adestrador, nun amigábel no Estadio de Balaídos ante o Club Deportivo Lugo. A súa proxección fixo que renovase o seu contrato co Celta en 2013 por cinco tempadas, rexeitando ofertas do FC Barcelona e do FC Porto.[1] En troques, o club estipulou no seu contrato que a partir do verán de 2015 sería membro do primeiro equipo. Con todo, a dirección deportiva do Celta decidiu que o rapaz permanecese no Celta B, feito que contrastaba coa cláusula do seu contrato.
En setembro de 2015, despois do peche do mercado de estival, o Celta asegurou que chegara a un acordo co Swindon Town para cedelo a este equipo. Con todo, o club da League One non puido inscribilo nese momento. En xaneiro de 2016, Pino saíu do Celta rumbo ao Queens Park Rangers da Championship,[2] ao que chegou cedido até final de tempada. Alí xogou co equipo sub-21, non chegando a disputar partidos oficiais co primeiro equipo.
Tras regresar de terras inglesas, o xogador asinou libre polo Lugo da Segunda División, cun contrato de tres temporadas.[3] Debutou co equipo de Luis César na segunda xornada de liga, contra o Zaragoza no Anxo Carro,[4] e disputou un total de 16 partidos durante a campaña, marcando un gol nunha vitoria por 1-0 contra o Reus.[5] Na tempada 2017/18 saíu cedido á Cultural Leonesa, equipo de Segunda adestrado polo galego Rubén de la Barrera, onde xogou só 83 minutos en liga ata que o seu contrato foi rescindido en xaneiro de 2018, despois de que vise a luz un vídeo no que insultaba ao club.[6][7] Xogou o resto da tempada cedido no máximo rival dos leoneses, a Ponferradina, da Segunda B.
En agosto de 2018 fichou polo Atlético Baleares, tamén de Segunda B.[8] Apenas contou con minutos, disputando só seis partidos como titular nunha tempada na que o club de Palma acabou como campión do seu grupo, pero non logrou o ascenso. Na seguinte campaña xogou no Algeciras, da mesma categoría, onde xogou só cinco partidos como titular.[9]
Para a tempada 2021/22 asinou co Pontevedra, da Segunda División RFEF.[10] Titular en case todos os partidos, logrou co equipo pontevedrés o ascenso á Primeira División RFEF.
Club | Categoría | Ano | Partidos | Goles |
---|---|---|---|---|
Celta B | Segunda B | 2013−2014 | 32 | 1 |
Celta B | Segunda B | 2014−2015 | 15 | 2 |
Celta | Primeira | 2015−2016 | 0 | 0 |
Queens Park Rangers | Championship | 2015−2016 | 0 | 0 |
Lugo | Segunda | 2016−2017 | 15 | 1 |
Cultural Leonesa | Segunda | 2017−2018 | 3 | 0 |
Ponferradina | Segunda B | 2018−2019 | 6 | 0 |
Atlético Baleares | Segunda B | 2019−2020 | 11 | 0 |
Algeciras | Segunda B | 2020−2021 | 16 | 0 |
Pontevedra | Segunda B | 2021−2022 | 13 | 2 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.