Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Yangon (en birmano: ရန်ကုန်) é unha cidade de Myanmar, a maior e máis importante do país (4.668.755 hab. en 2007), e capital do mesmo ata o 2005 no que foi substituída pola nova cidade de Naypyidaw.
ရန်ကုန် (my) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Myanmar | |||
Region of Myanmar (en) | Yangon (pt) | |||
Capital de | Myanmar Yangon (pt) Birmânia Britânica (pt) (–1948) União da Birmânia (1948–1962) (pt) (–1962) República Socialista da União da Birmânia (pt) (–1988) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 6.874.000 (2022) (11.934,03 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 576 km² | |||
Altitude | 15 m | |||
Creación | 1028 ↔ 1043 | |||
Organización política | ||||
Membro de | ||||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 01 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Sitio web | ycdc.gov.mm |
Situada no delta do Irawadi, a beira da súa póla máis oriental preto da desembocadura no Mar de Andaman, é o principal porto, centro industrial, comercial, financeiro e cultural de Myanmar.
Naceu coma cidade cando, en 1753, o rei Alaungpaya conquistou o que dende o século V era unha vila de pescadores xunto a un templo mon, Dagon, renomeándoa Yangon, "sen inimigos".
En 1852 caeu en mans do Imperio Británico que a chamaron Rangoon (Rangún).
As orixes de Yangon van unidas ás do templo Shwedagon, unha estupa budista (pagode) erixida pola etnia Mon, segundo a lenda antes da morte de Buda (século V aC) con reliquias súas. Os arqueólogos, con todo, a datan entre o século VI e o X (inicialmente de nove metros de altura). A seu carón, na beira do río Yangon (en realidade o brazo máis oriental do delta do Irawadi), desenvolveuse unha aldea pesqueira do mesmo nome, Dagon.
O pagode foi arruinándose ata que no século XIV sucesivos rexes Mon de Bago (Pegu) a reconstrúen cada vez máis alta (acadando os 98m no século XV). Converteuse no santuario máis importante do reino, centro de peregrinación e Dagon, ao mesmo tempo, nun importante porto (inda que o porto comercial de cabeceira da rexión era o próximo Siriam, na beira oriental do río Pegu). Neste tempo foi fundado un novo asentamento ao oeste do Shwedagon.
Nos séculos seguintes, o pagode foi seriamente danado por varios terremotos. En 1755, o rei Alaungpaya, fundador da dinastía Konbaung, conquista Dagon e renoméaa Yangon. Convértea en cidade, agrandándoa engadindo asentamentos no sur do Shwedagon ao longo do río ( de oeste a leste Ahlon, Pabedan, Kyauktada e Botataung) arredor doutra pagode, Sule (que existía dende o tempo de Dagon). Asemade, faina porto do reino en detrimento de Siriam, destruído. En 1768, tras un novo terremoto que derruba o pináculo do Shwedagon, o rei Hsinbyushin reconstrúeo co seu aspecto dourado actual.[1][2] O rei Thayawaddy (1837-46) enriqueceu a cidade con templos e un complexo palaciano na actual Dagon Township (inmediacións do Shwedagon).
Destruída polo lume en 1841 e polos británicos cando a súa conquista en 1852, a cidade foi refeita segundo un plano reticular en paralelo ao río (deseño do enxeñeiro militar A. Fraser[3]) centrado no Pagode Sule, onde situáronse os edificios administrativos.[4] Nas mazás arredor desenvolveuse o comercio e actividades sociais. Nas máis exteriores, a área residencial e dos grupos étnicos (vg. a cidade chinesa). As mazás cadradas foron á súa vez divididas lonxitudinalmente na dirección perpendicular ao río (norte-sur) con rúas intermedias máis estreitas.[5]
Co nome de Rangún (Rangoon) foi declarada capital da Birmania Británica en 1885.
Ademais os británicos continuaron a fortalecer a cidade coma centro comercial e portuario da rexión (ferrocarril), o que produciu un gran crecemento de poboación, aparecendo novos barrios cara ao norte, arredor de dous reservorios de auga artificiais, o Lago Kandawgyi (Lago Real) xunto ao Shwedagon e o Inya máis lonxe do centro[6]. Tamén dotaron á capital dos servizos e institucións (hospitalarias, educativas) dunha cidade moderna.
Despois dunha breve ocupación xaponesa foi nomeada capital da Birmania independente en 1948.
O crecemento continuou, pero coa chegada, a partir de 1962, de xuntas militares aislacionistas e xenófobas ao poder, a cidade foi perdendo pulo a vez que actividade cosmopolita (e mesmo caendo en certo abandono). Recuperou o seu antigo nome de Yangon en 1989 pero en 2005 as autoridades designaron Naypyidaw coma nova capital administrativa da renomeada Myanmar. A conseguinte emigración de persoal e embaixadas supón un novo golpe ao que engadiuse a destrución de gran parte da súa infraestrutura industrial tralo paso do ciclón Nargis en 2008.
As periódicas revoltas antigobernamentais e prodemocráticas teñen en Yangon o seu principal escenario, con resultados sanguentos ata o de agora.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.