Yago Iglesias
adestrador galego de fútbol From Wikipedia, the free encyclopedia
adestrador galego de fútbol From Wikipedia, the free encyclopedia
Santiago "Yago" Iglesias Estepa, nado en Palmeira (Ribeira) o 6 de outubro de 1982, é un adestrador de fútbol galego. Dende xuño de 2023 adestra o Pontevedra CF, da Segunda División RFEF.
Yago Iglesias | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Santiago Iglesias Estepa | ||
Nacemento | 6 de outubro de 1982 | ||
Lugar de nacemento | Palmeira | ||
Información de club | |||
Club actual | Pontevedra CF (ad.) | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
Palmeira | |||
Adestrador | |||
2010–2011 | Palmeira | ||
2013–2014 | Atlético de Riveira | ||
2014–2015 | Santiago de Compostela CF (xuvenís) | ||
2015–2016 | Noia | ||
2016–2021 | SD Compostela | ||
2023 | Pontevedra CF | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Xogou ao fútbol no Palmeira CF da súa parroquia natal, ata que aos 24 anos decidiu converterse en adestrador.[1] Realizou os cursos de preparador físico e adestrador e traballou como preparador físico no Boiro e na canteira do Pontevedra, nos que exerceu tamén como segundo adestrador de Luis Casais.
Na tempada 2010/11 dirixiu o seu primeiro equipo, o Palmeira, na Terceira Autonómica, mentres que na seguinte foi axudante de Casais no Portonovo. En 2012 marchou para a cidade saudita de Jeddah, tras recibir unha oferta como recuperador físico do Al-Ittihad, adestrado polo tamén galego Raúl Caneda.[2] En decembro, cando se dispoñía a saír de Arabia Saudita para pasar uns días de descanso en Galicia, foi retido durante cinco días polas autoridades sauditas, xunto co fisioterapeuta do club, Carlos Alonso, por problemas cos papeis de residencia.[3]
Xa non regresou ao país asiático, e en xullo de 2013 fichou polo Atlético de Riveira, na Rexional Preferente, onde compartiu o labor de adestrador xunto con Manuel Ángel.[4] Ao ano seguinte dirixiu o equipo xuvenil do Santiago de Compostela CF, na División de Honra, e logo adestrou o Noia, na Terceira División.[5]
O 21 de xuño de 2016 fíxose cargo da SD Compostela, que acababa de descender á Terceira División.[6] Dirixiu o equipo compostelán durante catro anos e, en 2020, despois de disputar tres fases de ascenso consecutivas, logrou finalmente o ascenso a Segunda División B. Renovou o seu contrato para a seguinte tempada, na que clasificou o seu equipo no sexto posto do Subgrupo 1A, formado por 10 equipos, e no que destacaron as vitorias contra o Deportivo da Coruña en Riazor e contra o Pontevedra en Pasarón.[7] Deixou o club branquiazul ao remate da tempada.
En novembro de 2021 asinou co Zamora, da Primeira División RFEF.[8]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.