From Wikipedia, the free encyclopedia
A liña de alta velocidade Vitoria-Bilbao-Donostia-Fronteira francesa, denominada comunmente Y vasco (en éuscaro: Euskal Y), é o proxecto ferroviario que pretende unir mediante unha vía de altas prestacións as tres capitais vascas, Bilbao, Donostia e Vitoria, conectándoas entre si mediante un trazado en «Y» cun percorrido medio de 35 minutos, e coa fronteira francesa, dando continuidade á liña de alta velocidade Venta de Baños-Burgos-Vitoria e por tanto conectando con Madrid.
Este proxecto forma parte da rede de altas prestacións (apta para mercadorías e pasaxeiros) do «Plan Estratéxico de Infraestruturas e Transporte» do Ministerio de Fomento para o período 2005-2023 e tamén do proxecto europeo «Proxecto prioritario Nº3 do Eixo Atlántico europeo». A conexión da Y vasca entre Vitoria e Bilbao está prevista para 2023, aínda que polo momento as obras de acceso ás capitais poderían atrasalo, mentres que o ramal guipuscoano incluirase máis tarde. Este macroproxecto consta de varios proxectos básicos de segmentos do trazado, subdivididos á súa vez en tramos menores de 10 km que se desenvolven nos correspondentes proxectos construtivos.
A lonxitude total do trazado é de 175 km, dos cales 94 son da galla Vitoria - Bilbao. Hai un total de 157 quilómetros de vía dobre, e outros 37 km de vía única.
A utilización desta vía será mixta, e compartirá o tráfico de mercadorías e o de viaxeiros. As características técnicas do trazado son: radio mínimo de curvas de 3.100 m e pendentes máximas de 15 milésimas por metro, con velocidades que oscilan entre 120 km/h de máxima para o tráfico de mercadorías e os 250 km/h de máxima para os viaxeiros. O trazado realizarase nun 70% baixo túneles, o que supón un 40% da totalidade do percorrido, ou sobre viadutos, un 20% do percorrido[1]. Haberá 23 túneles e 44 viadutos. Segundo outras fontes[Cómpre referencia], a lonxitude total da infraestrutura é de 171,9 km, dos cales en túnel son 104,3 km (60,64%), en viaduto son 17,0 km (9,93%), e ao descuberto son 50,6 km (29,43%).
A entrada en servizo desta infraestrutura permitirá reducir o tempo de viaxe entre as tres capitais: Vitoria - Donostia nun 60%, e entre Bilbao - Donostia e Bilbao - Vitoria nun 80% (a duración no ano 2008 do percorrido en transporte ferroviario entre capitais como Bilbao e Donostia era de algo máis de 2 horas e 15 minutos; entre Bilbao e Vitoria era de 2 horas 20 minutos con transbordo en Miranda de Ebro, e para rematar, entre Vitoria e Donostia, era de 1 hora e 40 minutos).
Os servizos de mercadorías chegarán directamente ata o porto de Bilbao en Santurtzi (Biscaia) pola variante sur ferroviaria, e ao porto de Pasaias en Guipúscoa a través dun acceso desde Irún creando unha intermodal de mercadorías en Lezo. Estímase que se retirarán da estrada 800.000 camións anuais. Prevíronse conexións ao futuro eixo cantábrico de alta velocidade (liña de alta velocidade da costa cantábrica) que o uniría con Santander, e ao corredor navarro que o uniría con Pamplona e a liña do val do Ebro, esta última cunha conexión en Ezkio-Itsaso e sen afectar os parques naturais de ao redor.[2]
Prevíronse seis estacións e dous postos de adiantamento e estacionamento de trens, un en Aramayona (Áraba) e outro en Ezkio-Itsaso (esta última tamén será estación de pasaxeiros). Estas instalacións ocuparán unha plataforma de 1.500 m de longo, cun largo de entre 42 e 56 metros, e acollerán seis ou oito vías.
Polas estacións de Astigarraga, Bilbao-Abando, Vitoria e Ezkio-Itsaso pasarían todos os trens, mentres que nas de Donostia e Irún faríase mediante desvíos, o primeiro para chegar ao centro da cidade e o segundo para entrar en Irún e conectalo coa vía convencional francesa (mesmo largo que o Y vasco). Así mesmo, como é posible facer paradas sen ningunha dificultade nos postos de adiantamento e estacionamento de trens, a localidade de Aramayona estaría preparada desde o primeiro momento para unha posible estación.
Haberá 44 viadutos e 23 túneles previstos:
Comparativa entre as duracións en tren actuais e futuras entre as cidades do País Vasco con outras de Francia e España.
Itinerario | Duración mínima actual tren | Autobús | Coche | Duración Y vasca |
---|---|---|---|---|
Bilbao - Donostia | 2h 13min | 1h 10min | 1h | 38min |
Donostia - Vitoria | 1h 40min | 1h 30min | 1h 10min | 34min |
Vitoria - Bilbao | 2h 20min | 1h | 45min | 28min |
Bilbao - Madrid | 4h 50min | 4h 45min | 4h | 2h 10min |
Donostia - Madrid | 5h 20min | 5h | 4h 40min | 2h 15min |
Vitoria - Madrid | 3h 45min | 4h | 1h 45min | |
Bilbao - París | 9h 10min | 12h 15min | 8h 30min | 5h 47min |
Donostia - París | 11h | 7h 35min | 5h 09min | |
Vitoria - París | 12h 15min | 5h 40min |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.