Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
A liña de alta velocidade Venta de Baños–Burgos–Vitoria é unha liña de alta velocidade en construción que se estende entre o nó de Venta de Baños (Palencia) e a estación de Vitoria pasando polas estacións de Burgos e Miranda de Ebro. Formará parte da liña que unirá Madrid co País Vasco e prevese que o tramo Venta de Baños-Burgos estea operativo en 2018[1], mentres que non hai definido nin proxecto nin prazo concreto para a chegada a Vitoria.
O trazado entre o nó de Venta de Baños e Burgos está deseñado de acordo coas especificacións técnicas de interoperatibilidade da Unión Europea para liñas ferroviarias de alta velocidade. Será apta para unha velocidade máxima de 350 km/h e constará de plataforma para vía dobre de ancho UIC (1435 mm), aínda que entre o cambiador de Villamuriel de Cerrato (Palencia) e Burgos só se instalará unha.
A liña divídese en dous grandes tramos: o primeiro, xa adxudicado, entre o nó de Venta de Baños e o cambiador de Burgos, de 87,076 km máis un ramal de 4,485 km, e o segundo, pendente de definición, entre Burgos e Vitoria, que tería 109,1 km segundo o último proxecto.[2]
O nó de Venta de Baños consiste nun triángulo formado polas liñas Valladolid-León, xa en servizo, a propia liña Venta de Baños-Burgos e un ramal para enlazar ambas as liñas desde Palencia. O lado entre Bifurcación Venta de Baños AV e Bifurcación Cerrato, onde se incorpora o ramal de ligazón desde Soto de Cerrato/Burgos ten 5,121 km, o lado entre Bifurcación Venta de Baños AV e Bifurcación Soto de Cerrato AV, onde se incorpora o mesmo ramal de ligazón desde Palencia/León ten 5,096 km, e o propio ramal de ligazón 4,485 km. A distancia entre Bifurcación Soto de Cerrato AV e a estación de Burgos-Rosa de Lima é de 81,367 km. De entre todos estes tramos, só estase montando vía dobre entre Bifurcación Venta de Baños AV e Bifurcación Soto de Cerrato AV. Entre esta e Burgos só se poderán realizar cruces nos dos postos de adiantamento e estacionamento de trens: o de Río Arlanzón (PK 257,565) e o de Estépar (PK 282,378).
A variante de Burgos mide 17,4 km entre Bifurcación Aranda e Bifurcación Rubena[3] e nela montáronse dúas vías en ancho ibérico con travesa polivalente sobre plataforma para tres vías. 13,2 km do seu percorrido son aptos para 200 km/h.
Actualmente a maior parte dos tramos atópanse en obras ou nos trámites inmediatamente anteriores ao seu inicio, tal como mostra a seguinte táboa.[4]
Tramo | km | Estado (data BOE) | Prazo de execución |
---|---|---|---|
Nó de Venta de Baños (Ramal Valladolid-Palencia-León) | 16 | En obras (9/6/2009) | 24 meses |
Nó de Venta de Baños (Ramais cara Burgos) | 8 | En obras (5/10/2009) | 22 meses |
Nó de Venta de Baños - Torquemada | 11,9 | En obras (9/6/2009) | 26 meses |
Torquemada - Quintana del Puente | 11,3 | En obras (6/5/2009) | 21 meses |
Quintana del Puente - Villodrigo | 11,1 | En obras (3/11/2009) | 30 meses |
Villodrigo - Villazopeque | 10,4 | En obras (16/4/2010) | - |
Villazopeque - Estépar | 11,4 | En obras (16/4/2010) | - |
Estépar - Variante ferroviaria de Burgos | 10,2 | En obras (13/10/2010) | 32 meses |
Variante ferroviaria de Burgos | 20,3 | En servizo (en ancho ibérico) (12/12/2008) |
Actualmente a maior parte dos tramos atópanse en proxecto ou nos trámites inmediatamente anteriores ao seu inicio, tal como mostra a seguinte táboa.[4] Os proxectos van con atraso, xa que se introduciron modificacións para que a liña pasase de velocidades máximas de 220 km/h a 350 km/h.
Tramo | km | Estado (data BOE) | Prazo de execución |
---|---|---|---|
Variante ferroviaria de Burgos - Fresno de Rodilla | 8 | Proxecto adxudicado (5/6/2009) | 12 meses |
Fresno de Rodilla - Quintanavides | 8,2 | Proxecto adxudicado (1/7/2009) | 12 meses |
Quintanavides - Prádanos de Bureba | 7,7 | Proxecto adxudicado (21/7/2009) | 12 meses |
Prádanos de Bureba - Briviesca | 7,3 | Proxecto adxudicado (3/8/2009) | 12 meses |
Briviesca - Fuentebureba | 10,1 | Proxecto adxudicado (21/8/2009) | 12 meses |
Fuentebureba - Pancorbo | 7,8 | Proxecto adxudicado (21/8/2009) | 12 meses |
Pancorbo - Ameyugo | 6,6 | Proxecto adxudicado (5/6/2009) | 12 meses |
Ameyugo - Miranda de Ebro | 7,3 | Proxecto adxudicado (5/6/2009) | 12 meses |
Integración do ferrocarril en Miranda de Ebro | 6,0 | Proxecto adxudicado (5/6/2009) | 12 meses |
Miranda de Ebro - Armiñón | 6,2 | Proxecto adxudicado (21/8/2009) | 12 meses |
Armiñón - La Puebla de Arganzón | 6,6 | Proxecto adxudicado (21/9/2009) | 12 meses |
La Puebla de Arganzón - Iruña Oka | 7,4 | Proxecto adxudicado (7/10/2009) | 12 meses |
Punto quilométrico | Instalación |
Ramal Palencia-Soto de Cerrato | |
000,000 | Bifurcación Cerrato (bifurcación cara Venta de Baños) pk 222,651 da liña Valladolid-León (inicio vía única: 4,485 km) |
004,485 | Bifurcación Soto de Cerrato AV (incorporación dende Venta de Baños) pk 222,674 da liña Venta de Baños-Burgos |
Liña principal Venta de Baños-Burgos | |
217,578 | Bifurcación Venta de Baños AV (bifurcación cara Palencia) |
222,674 | Bifurcación Soto de Cerrato AV (incorporación dende Palencia) |
223,000 | Bifurcación La Vega (inicio vía única: 81,654 km; ata aquí: 5,422 km de vía dobre) |
240,736 | PCA Torquemada |
257,565 | Semi-PAET Río Arlanzón (vía xeral e outra vía de apartado á dereita) |
270,206 | PCA Villaquirán |
282,378 | Semi-PAET Estépar |
288,902 | PAET Buniel (PAET anulado con dúas vías xerais) |
289,552 | Cambiador de Quintanilleja (anulado) |
293,291 | PCA Villalbilla |
304,041 | Burgos-Rosa de Lima (124,732 km ata Valladolid-Campo Grande) |
304,654 | Cambiador de Burgos (dual TCRS3 Talgo e CAF) |
PAET: | Posto de adiantamento e estacionamento de trens (con plataformas) |
PB: | Posto de banalización (onde se pode cambiar a vía de circulación) |
PCA: | Posto de cantonamento automático (edificio técnico para o bloqueo) |
A estación de Burgos-Rosa de Lima é unha estación de ferrocarril situada na cidade de Burgos. Atópase ao norte da cidade e foi inaugurada oficialmente o 12 de decembro de 2008.
Construíuse dentro da variante ferroviaria de Burgos que elimina o paso de trens polo centro da cidade. A nova estación está a ser preparada para a chegada da alta velocidade. Contará finalmente con dúas vías de ancho ibérico entre as dúas primeiras plataformas, outras dúas de ancho estándar, unha na segunda plataforma e outra na última e, entre elas, outras dúas vías pasantes sen plataforma.[5]
A estación de Miranda de Ebro é unha estación de ferrocarril situada na cidade de Miranda de Ebro. É un importante nó ferroviario onde conflúen as liñas Madrid-Irún e Castejón-Bilbao. Foi inaugurada en 1862, sendo unha das estacións máis antigas do país.
Será a única estación da liña que non se demolerá, senón que se rehabilitará debido ao seu valor histórico. O proxecto para Miranda de Ebro establécese como unha estación intermodal. Os edificios da actual estación serán rehabilitados para acoller os servizos de tren convencional, e contigua a ela construíuse a moderna estación de autobuses, que conta con aparcadoiro en superficie para os servizos de ambas as estacións. A continuación do mesmo previuse construír unha nova terminal para a alta velocidade, instalando as súas plataformas ao redor da vía 12 da estación actual.[6] Con esta acción habilitaranse dúas estacións de ferrocarril contiguas para os dous tipos de ancho, unidas á terminal de autobuses. Isto permitirá que a futura estación de alta velocidade para Miranda de Ebro sitúese en pleno centro da cidade, xa que a terminal situarase a pé de rúa, concretamente na Ronda del Ferrocarril. Tamén se procedeu a peonalizar totalmente a praza de la Estación.
Nesta estación está prevista a unión desta liña de alta velocidade coa LAV Logroño–Miranda de Ebro.
A estación de Vitoria é unha estación de ferrocarril situada na cidade de Vitoria. O actual edificio atópase no centro da cidade e inaugurouse en 1935.
Do mesmo xeito que en Valladolid, en Vitoria planéase o soterramento do trazado ferroviario para a chegada do AVE. Para iso prevese a construción dun túnel de 6,8 km e unha nova estación baixo o Parque de Arriaga. A estación contará con seis vías pasantes que se atoparían a 17 metros de profundidade. O custo total do soterramento do tren en Vitoria ascende a 476 millóns de euros.[7]
Nesta estación terá lugar a unión desta liña de alta velocidade co Y Vasco.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.