From Wikipedia, the free encyclopedia
Xurxo II de Hesse-Darmstadt (en alemán: Georg II von Hessen-Darmstadt); nado en Darmstadt en marzo de 1605 e finado o 11 de xuño de 1661, foi Landgrave de Hesse-Darmstadt dende 1626 até 1661. Era fillo de Lois V de Hesse-Darmstadt e Madalena de Brandeburgo.
Nome orixinal | (de) Georg II. von Hessen-Darmstadt |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 17 de marzo de 1605 Darmstadt, Alemaña |
Morte | 11 de xuño de 1661 (56 anos) Darmstadt, Alemaña |
Lugar de sepultura | Stadtkirche Darmstadt (en) |
Familia | |
Familia | Condado de Hesse-Darmstadt (pt) |
Cónxuxe | Sofía Leonor de Saxonia (1627–) |
Fillos | Lois VI de Hesse-Darmstadt, Xurxo III de Hesse-Itter, Sofía Leonor de Hesse-Darmstadt, Sabela Amalia de Hessen-Darmstadt, Luísa Cristina de Hesse-Darmstadt, Ana Sofía de Hesse-Darmstadt, Henriqueta Dorotea de Hesse-Darmstadt, María Hedwig de Hessen-Darmstadt |
Pais | Luís V de Hesse-Darmstadt e Madalena de Brandemburgo |
Irmáns | Ana Leonor de Hesse-Darmstadt Sofia Inês de Hesse-Darmstadt Juliana de Hesse-Darmstadt Frederico de Hesse-Darmstadt João de Hesse-Braubach Isabel Madalena de Hesse-Darmstadt |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie (pt) Obálky knih, |
Aínda novo, comezou o seu Grand Tour por Europa en compaña do conde Xoán Casimiro de Ermach, obtendo tamén a tarefa de xestionar algunhas misións diplomáticas en nome do seu pai. Porén, durante a Guerra dos Trinta Anos, o seu pai foi feito prisioneiro polo elector Frederico V do Palatinado e precisamente durante a celebración do matrimonio entre Xurxo e a súa primeira esposa, en Dresden, decatouse da morte do seu pai e a súa sucesión ó trono de Hesse-Darmstadt.
No medio da Guerra dos Trinta Anos, malia que profesaba lealdade á causa do emperador, Xurxo II resultou ser principalmente neutral até 1629, cando decidiu inclinarse a prol de Suecia despois dos danos sufridos no seu país polo exército imperial que acampou alí. Porén, xa en 1631, co Tratado de Hoechst, Xurxo II distanciouse de rei Gustavo II Adolfo e seguiu mantendo unha conduta neutral para o resto do conflito.
De 1645 a 1648 dirixiu a chamada Hessenkrieg contra a landgravina Amalia Sabela de Hanau-Münzenberg sobre a herdade da extinta liña de Hesse-Marburgo. Este conflito deu lugar á perda de Hesse-Marburgo a Hesse-Kassel. Porén, foi recompensado coa cifra de 60.000 ducados.
Casou con Sofía Leonor de Saxonia, o 1 de abril de 1627. Do seu matrimonio tivo tres fillos e doce fillas:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.