Frederico V,[1] nado o 16 de agosto de 1596 en Lauterhofen e finado en Maguncia o 29 de novembro de 1632,[2][3] foi Elector Palatino entre 1610 e 1623, así como rei de Bohemia durante un ano, polo que foi coñecido como Rei de Inverno (en checo Zimní král).[2]
Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Frederico V do Palatinado |
Nome orixinal | (de) Friedrich V. von der Pfalz |
---|
|
Nacemento | 26 de agosto de 1596 Deinschwang (Eleitorado do Palatinato)
|
---|
Morte | 29 de novembro de 1632 (36 anos) Maguncia, Alemaña |
---|
Causa da morte | peste |
---|
Lugar de sepultura | valor descoñecido |
---|
|
Rei de Bohemia |
---|
4 de novembro de 1619 – 13 de novembro de 1620 ← Matias, Sacro Imperador Romano-Germânico (pt) – Fernando II de Habsburgo → |
Count Palatine of the Rhine (en) |
---|
19 de setembro de 1610 – 1623 ← Federico IV el Justo – Maximiliano I, Eleitor da Baviera (pt) → |
|
|
Relixión | Protestantismo |
---|
|
Campo de traballo | State administration (en) , política e militar |
---|
Lugar de traballo | Praga |
---|
Ocupación | aristócrata, líder militar, político, Príncipe elector |
---|
|
Título | Conde palatino |
---|
Familia | Casa de Wittelsbach |
---|
Cónxuxe | Isabel da Boémia (1613–1632), morte da persoa |
---|
Fillos | Heinrich Friedrich von der Pfalz, Carlos I Luís, Eleitor Palatino, Isabel do Palatinado, Príncipe Rupert do Reno, Maurício do Palatinado, Countess Palatine Louise Hollandine, Ludwig von der Pfalz, Eduardo, Conde Palatino de Simmern, Henrieta Maria do Palatinado, Filipe Frederico do Palatinado, Charlotte do Palatinado, Sofia de Hanôver, Gustavo Adolfo do Palatinado |
---|
Pais | Federico IV el Justo e Luísa Juliana de Orange-Nassau |
---|
Irmáns | Ludwig Philipp Isabel Carlota do Palatinado Luísa Juliana do Palatinado |
---|
Parentes | Jorge Guilherme de Brandemburgo, cuñado Luísa Henriqueta de Orange-Nassau, curmá entregue Frederico Henrique de Orange-Nassau, tío Xurxo II de Gran Bretaña, bisneto Sofía Dorotea de Inglaterra, bisneta |
---|
|
|
|
|
|
|
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie (pt) Obálky knih, Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
---|
Páxina web | deutsche-biographie.de… |
---|
|
Pechar
Era fillo e herdeiro de Frederico IV e de Luísa Xiana de Orange-Nassau, a filla de Guillerme de Orange e Carlota de Borbón-Monpensier. Nacido no pavillón de caza Deinschwang no Alto Palatinado, Frederico V sucedeu á morte do seu pai como príncipe elector do Palatinado do Rin no Sacro Imperio Romano Xermánico en 1610, baixo a tutela do conde Xoán II des Deux-Ponts ata 1614.
En 1619 os Estados protestantes de Bohemia se rebelaron contra o católico Emperador do Sacro Imperio Fernando II e ofreceron a coroa de Bohemia a Frederico, escolléndoo debido a que era un membro influente da Unión Protestante, unha organización fundada polo seu pai para protexer o protestantismo no Imperio.
En agosto de 1619, descontentos con Fernando II, o sucesor de Matías de Habsburgo, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, os Estados de Bohemia, cunha maioría de protestantes mentres que Fernando era católico, depoñen a este e propoñen ceder o título a Frederico V.
Aínda que ao principio Frederico expresa reticencias, finalmente acepta a proposta. Esta acción será un dos factores que contribuirán ao desencadeamento da guerra dos Trinta Anos. É coroado en Praga, o 4 de novembro de 1619,e a súa esposa éo tres días máis tarde. Pouco despois, Fernando II inicia unha ofensiva para recuperar a coroa de Bohemia.
Os seus aliados na Unión Protestante non lle apoiaron militarmente ao asinar o Tratado de Ulm (1620), pero abandonado despois polas potencias estranxeiras e pola Unión Protestante, Frederico V, con poucos medios financeiros e humanos, non logra conter aos exércitos de Fernando e sofre unha derrota ante Tilly, na batalla da Montaña Branca o 8 de novembro de 1620, é dicir, un ano e catro meses logo do seu entronización. Por iso herdaría o alcume de «rei dun inverno» (Winterkönig en alemán).
As forzas imperiais de Maximiliano I de Baviera invadiron o Palatinado e tivo que fuxir a Holanda en 1622. Un edicto imperial privouno formalmente do Palatinado 1623. Viviu o resto da súa vida no exilio coa súa esposa e familia principalmente na Haia, antes de morrer en Maguncia en 1632.
Resultado:
O 13 de febreiro de 1613, contraera matrimonio con Isabel Estuardo (1596-1622), coa que tivo 13 fillos:
- Hrenrique Frederico (n. Heidelberg, 2.1.1614 - m. afogado, Haarlem Meer, 7.1.1629).
- Carlos I Luís (n. Heidelberg, 1.1.1618 - m. Edingen, 28.8.1680), elector palatino (1648-1680) tras recuperar os estados do seu pai polo Tratado de Westfalia.
- Isabel (n. Heidelberg, 26.12.1617 - m. Herford 11.2.1680), abadesa de Herford; soado pola correspondencia filosófica que sostivo con René Descartes.
- Ruperto (n. Praga, 17.12.1619 - m. Londres, 29.11.1682), coñecido como o Príncipe Ruperto; foi creado polo seu tío o rei Carlos I de Inglaterra como duque de Cumberland e conde de Holderness (1644), sendo o encargado de dirixir a cabalería real durante a Guerra Civil.
- Mauricio (n. Küstrin, 6.1.1621 - m. afogado, Antillas, 10.3.1654).
- Luísa (n. A Haia, 17.4.1622 - m. Maubuisson, 11.2.1709), monxa, abadesa de Maubuisson, en Francia.
- Luís (n. A Haia, 21.8.1623 - m. A Haia, 24.12.1624).
- Eduardo (n. A Haia, 6.10.1624 - m. París, 13.3.1663), conde palatino de Simmern; convértese ao catolicismo romano.
- Henriqueta María (n. A Haia, 17.7.1626 - m. Saróspatak, 18.9.1651), casada con Sexismundo Rákóczi, Príncipe húngaro de Transilvania.
- Filipe (n. A Haia, 16.9.1627 - m. caído en batalla, Rethel, 16.12.1650).
- Carlota (n. A Haia, 19.12.1628 - m. A Haia, 23.1.1631).
- Sofía (n. A Haia, 14.10.1630 - m. Schloss Herrenhausen, 8.6.1714), declarada presunta herdeira das coroas de Inglaterra, Escocia e Irlanda en 1701; casada con Ernesto Augusto de Brunswick-Luneburgo, elector de Hannover.
- Gustavo Adolfo (n. A Haia , 4.1.1632 - m. A Haia, 9.1.1641).
Brown, Gregory. "Friedrich V.". Leibnitiana. The Houston Circle for the Study of Early Modern Philosophy. Consultado o 16 de agosto 2014.