Xoán XVIII, papa
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Giovanni Fasano foi papa da Igrexa católica baixo o nome Xoán XVIII dende o ano 1003 (consagrado en xaneiro de 1004) ata o ano 1009 . Naceu en Roma, non se sabe o seu ano de nacemento e finou nun mosteiro da mesma cidade en 1009. Sábese pouco sobre a súa vida e as fontes discrepan nas datas. Pola contra acontecementos sobre o seu pontificado son mellor testificados.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido Roma, Italia |
Morte | 18 de xullo de 1009 Roma, Italia |
Lugar de sepultura | Basílica de San Pedro |
141º Papa | |
25 de decembro de 1003 – 18 de xullo de 1009 ← Xoán XVII – Serxio IV → | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma Estados Pontificios |
Ocupación | sacerdote católico, escritor |
Orde relixiosa | Orde de San Bieito |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron The Nuttall Encyclopædia >>>:John XVIII. Encyclopædia Britannica |
Era fillo dun sacerdote romano. Elixido papa o día de Nadal 1003, carga da cal dimitiu en 1009 para retirarse de monxe nun mosteiro de Roma, onde se dedicou á vida monástica, e onde morreu algúns meses máis tarde.[1]
Fai parte dos papas, como o seu predecesor, Xoán XVII, que estiveron baixo o dominio da poderosa familia romana Crescencio, familia oposta á potencia imperial, e que logrou gobernar Roma algún tempo [2].
Durante o seu pontificado xestionou sobre todo asuntos vinculados á administración eclesiástica.
Conseguiu restablecer a unión con Bizancio e foi recoñecido bispo de Roma pola Igrexa Ortodoxa.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.