político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Xosé Lois Piñeiro García, nado na Pobra do Caramiñal o 7 de maio de 1971, é un político galego. Pertence o grupo de esquerdas Nós Pobra.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de maio de 1971 (53 anos) A Pobra do Caramiñal, España |
Alcalde da Pobra do Caramiñal | |
2015 – 2023 ← Isaac Maceiras – José Carlos Vidal Suárez → | |
Actividade | |
Ocupación | político, profesor de ensino secundario |
Profesor do IES Espiñeira de Boiro. Exmilitante do Bloque Nacionalista Galego, foi elixido concelleiro na Pobra por esta formación en 2007, sendo a maiores deputado provincial a partir de 2011. En maio de 2014 abandonou o BNG e pasou a formar parte de Compromiso por Galicia, dimitindo como deputado provincial pero conservando a acta de concelleiro na Pobra como non adscrito.[1]
Nas eleccións municipais de 2015 encabezou a candidatura veciñal de confluencia de Nós Pobra á alcaldía da Pobra do Caramiñal e foi elixido alcalde co apoio do BNG e do PSdeG, gobernando en minoría. En 2016 abandonou CxG para integrarse definitivamente no proxecto de En Marea. Nas eleccións municipais de 2019 foi a candidatura máis votada, con 5 concelleiros, e revalidou a alcaldía como cabeza da lista máis votada e co apoio da única concelleira do PSdeG, gobernando ambos en minoría ata que en outubro de 2020 se incorporaron ao goberno os 2 concelleiros do BNG.[2]
Nas municipais de 2023 encabezou de novo Nós Pobra e baixou de 5 a 3 concelleiros, sendo superados polos 6 do PPdeG. Nesta situación a súa coalición de goberno perdeu a maioría para gobernar, polo que o árbitro da situación pasou a ser o único concelleiro da formación VIP (exmembro do PP), que podía equilibra-la balanza en favor dos populares ou da esquerda. O veto de VIP á súa continuidade como alcalde, ó cal se sumou o BNG, estendido posteriormente á súa número 2, supuxo que ambos renunciasen á alcaldía en favor do número 3 de Nós Pobra José Carlos Vidal Suárez, o cal finalmente foi elixido alcalde co apoio do BNG, PSdeG e VIP. Tras perder a alcaldía entra a formar parte de Sumar Galicia como promotor.
Predecesor: Isaac Maceiras |
Alcalde da Pobra do Caramiñal 2015 – 2023 |
Sucesor: José Carlos Vidal Suárez |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.