médico, antropólogo, docente e académico galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Xosé Ignacio Carro Otero, nado en Santiago de Compostela o 31 de xullo de 1942 e finado na mesma cidade o 23 de abril de 2021, foi un médico, antropólogo, docente e académico galego, ademais de destacado investigador da historia e da arte, especialmente das compostelás.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de xullo de 1942 Santiago de Compostela, España |
Morte | 23 de abril de 2021 (78 anos) Santiago de Compostela, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor, médico, antropólogo |
Membro de | |
Premios | |
| |
En 2022 foi Medalla de Galicia a título póstumo.[1]
Membro dunha coñecida familia compostelá (era sobriño de Xesús Carro García e curmán de Francisco Xavier Carro Rosende) xa desde moi novo interesouse fondamente, por un lado, na bioloxía e na antropoloxía e, por outro, na arte de Compostela,[2] (antes de rematar o bacharelato xa era un especialista na catedral de Santiago, onde traballou de guía e onde levaba aos seus amigos e compañeiros a visitar o seu tellado, nunca época na que estas visitas non eran doadas).
Para perfeccionar a súa formación en antropoloxía e arqueoloxía percorreu diversos museos e institucións antropolóxicas europeas, como o Deutsch Archeologischer Institut, onde estudou a técnica antropolóxica de campo (1968-70), asistindo, entre outros, aos cursos XI Corso di Prospezioni Acheologiche no Instituto Lerici de Roma (1974) e o I Curso de Antropología Forense na Universidade Complutense, Madrid (1976).[3]
Na facultade de Medicina da universidade de Santiago foi, sucesivamente, alumno interno de Anatomía e profesor de Anatomía Humana Descritiva e Topográfica, coas súas Técnicas Anatómicas. Nesta universidade licenciouse en medicina, obtendo o título de doutor pola mesma en 1971 coa tese titulada Anatomía antropológica antigua del pueblo gallego.[3]
Entre 1970 e 1973 foi profesor de Antropoloxía na facultade de Bioloxía da universidade de Santiago. Entre 1970 e 1991 foi, ademais, profesor de Bioloxía humana e de Historia da Medicina.
En 1973 foi nomeado, por oposición, profesor adxunto de Anatomía na facultade de Medicina de dita universidade, da que foi Secretario e director do Departamento de Anatomía.
O día 11 de xuño de 1993 ingresou na Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, ocupado a Cadeira Historia da Medicina.[3] En 2014 foi o presidente desta douta institución,[3] na que desempeñou desde o ano 1994 os cargos sucesivos de bibliotecario, vicesecretario e secretario xeral.[4] Ademais, foi Asesor Especial do Presidente da Xunta de Galicia.[3]
Foi membro correspondente das Reales Academias españolas de Medicina, de la Historia y de Bellas Artes; Académico de Mérito da portuguesa da Historia e correspondente das tamén portuguesas das Ciências e Belas-Artes, e correspondente da Academia de la Historia de la República Dominicana.
Entre outras institucións pertenceu, tamén, á Sociedad Anatómica Española, ás Sociedades portuguesas de Antropología e Etnología, de Estomatología Arqueológica, de Historia da Medicina e de Filosofía Médica.
Desde o 22 de outubro de 1967 era membro correspondente da Real Academia Galega.[5]
As súas principais áreas de investigación foron a anatomía, a antropoloxía física e a historia da Medicina, materias nas que dirixiu 18 teses de licenciatura e 4 teses de doutoramento. Publicou máis de 50 artigos especializados e outros 259 —de temática médica e paramédica— en periódicos e revistas.
Realizou numerosas investigacións antropolóxicas sobre a poboación galega actual, analizando os grupos sanguíneos do sistema AB0, e os dermatóglifos palmares e dixitais.
Pronunciou cerca de 900 conferencias, en máis de 14 países, a maioría delas sobre antropoloxía, historia da medicina e hidroloxía médica.[6]
Foi o secretario dos Comités Organizadores do VI Congreso de la Sociedad Anatómica Española e da IX da Luso-Hispano-Americana de Anatomía (1968) e do “VI Congreso das Reais Academias Nacionais de Medicina” (1999). Achegou 50 relatorios a diversos Congresos nacionais e internacionais.
Organizou 4 exposicións histórico-médicas: dúas sobre a Escola Médica Compostelá (1967 e 1968); a conmemorativa do profesor Nóvoa Santos (1983), e a conmemorativa do profesor Rodríguez Cadarso, así como unha mostra antolóxica do libro anatómico antigo (1984), e creou un Museo Médico permanente radicado en Santiago de Compostela (1975).
Foi Tenente de alcalde da cidade de Santiago (1974-75), Comisario Xacobeo (1991-93), Asesor Especial do Sr. Presidente Manuel Fraga Iribarne (1994-2005).[7]
En Galicia participou en varias campañas de escavacións arqueolóxicas (necrópoles de Ropupar, Adro Vello, San Martiño de Mondoñedo, Moraime, Cova do Rei Cintolo, vila e necrópole de Medos e estación de Outeiro do Cribo).[2]
Atopárono morto na súa casa da rúa do Penedo (Conxo), aparentemente de causas naturais.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.