Remove ads
médico e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Alejandro Rodríguez Cadarso, nado en Noia o 21 de agosto de 1887 e finado en Lubián (Zamora) o 15 de decembro de 1933, foi un médico e político galego que chegou a ser reitor da Universidade de Santiago de Compostela.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de agosto de 1887 Noia, España |
Morte | 16 de decembro de 1933 (46 anos) Lubián, España |
Causa da morte | morte accidental, accidente de tráfico |
Lugar de sepultura | cemiterio de Boisaca |
Deputado nas Cortes republicanas | |
20 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933 Lexislatura: I lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: A Coruña | |
Deputado nas Cortes republicanas | |
Lexislatura: II lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: A Coruña | |
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político, médico |
Familia | |
Pai | Jesús María Rodríguez Vázquez |
Irmáns | José Rodríguez Cadarso |
Alejandro Rodríguez Cadarso naceu nunha familia burguesa. O seu pai era o doutor santiagués Jesús María Rodríguez Vázquez, e a súa nai era Manuela Cadarso Ronquete, que era ó mesmo tempo sobriña carnal do capitán noiés Luis Cadarso Rey, que finou na batalla de Cavite (Filipinas) na Guerra hispano-estadounidense en 1898. Casou en 1911 e tivo numerosa descendencia.
En 1916 obtivo a Cátedra de Técnica Anatómica da Universidade de Sevilla e a de Anatomía Descritiva na Universidade de Santiago[1]. En 1925 publicou un estudo sobre a arteria carótide no Journal of Anatomy[2]. Fundou o Instituto de Estudios Portugueses e foi vicerreitor da Universidade de Santiago desde o 4 de novembro de 1929 e reitor desde o 29 de marzo de 1930[3], deputado (1931-1933) pola ORGA, caracterizouse polo seu apoio á autonomía de Galicia. Como reitor pretendeu ligar a Universidade coa cultura galega e coa sociedade galega en xeral, favorecendo a súa modernización[4], e desenvolveu a Residencia de Estudantes (un dos colexios maiores leva o seu nome, o CM Rodríguez Cadarso) e o Campus Sur [5].
Morreu aos 46 anos, cando preparaba o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega, nun accidente de automóbil na estrada Villacastín-Vigo preto da localidade zamorana das Hedradas (Lubián) cando se dirixía a unha conferencia en Madrid, xunto co médico e profesor Francisco Bacariza Varela.[6][7]. Soterrárono no cemiterio de Boisaca.
Casou con Cristina Ladrón de Guevara Enríquez, e tiveron nove fillos,[8] entre eles Víctor, Manuel e Antonio Rodríguez-Cadarso Ladrón de Guevara.
Predecesor: Luís Blanco Rivero |
Reitor da Univ. de Santiago 1930 - 1933 |
Sucesor: Ricardo Montequi Díaz de Plaza |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.