Xosé Antón Parada

profesor e tradutor galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Xosé Antón Parada Fernández, nado en Moaña en 1952 e finado no Touro (Ribeira) o 15 de xullo de 2024,[1] foi un profesor de instituto e tradutor galego especializado na lingua acadia.[2] Verteu ao galego o Código de Hammurabi e outros textos legais babilonios.[2][3]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Pechar

Traxectoria

Xosé Antón Parada naceu en Moaña.[2] Estudou Filosofía e Teoloxía no Seminario de Compostela, onde entrou en contacto con idiomas coma o acadio ou o hebreo clásico.[2][4] Tamén se acabou licenciando en Linguas Clásicas pola Universidade de Santiago. Fixo a súa tese de doutoramento para abordar o problema da autoría das obras alquímicas medievais, O tratado ‘De Alchimia’: Unha falsa atribución a Albertus Magnus Ratisbonensis.[5]

Foi profesor de latín e grego e xefe de departamento no IES Pobra do Caramiñal dende o 1990[6][7][8] até a súa xubilación. Como axudante de bibliotecario, interveu na catalogación dos fondos de Ángel Amor Ruibal.[4][6]

En 1991 comezou a traballar nunha edición en galego do Código de Hammurabi, un dos documentos legais máis antigos do mundo, redactado polo rei Hammurabi.[2] O libro publicouno en 2022 Rinoceronte Editora.[3] Tamén traballou nunha tradución do Poema de Gilgamesh.[2]

Politicamente estivo vencellado ao nacionalismo galego. Foi membro de UPG, ERGA, ANPG e BNPG, concelleiro do BNPG entre 1979 e 1983 en Moaña, e tamén foi concelleiro do BNG en Ribeira durante dúas lexislaturas.

Premios

Publicacións

  • Tradución galega de "ditos proverbiais" asirios (1983). Dorna: expresión poética galega, 6, 14-16.[10]
  • Código de Hammurabi e outras compilacións legais de procedencia babilónica (2022). Rinoceronte Editora.[3]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.