Xosé Agrelo Hermo

escritor galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Xosé Agrelo Hermo

Xosé Agrelo Hermo, máis coñecido como Pepe Agrelo, nado en Barro (Noia) o 10 de abril de 1937 e finado en Santiago de Compostela o 21 de novembro de 2006, foi un escritor galego.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Xosé Agrelo Hermo
Thumb
Busto en Esteiro
Biografía
Nacemento10 de abril de 1937
Barro, España
Morte21 de novembro de 2006 (69 anos)
Santiago de Compostela, España
Actividade
Ocupaciónescritor
Xénero artísticoNarrativa, teatro e ensaio
Premios

Descrito pola fonteGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
Bitraga: 1770
Pechar

Traxectoria

Aos dez anos marcha para o Seminario de Santiago, e aos vinte e un, a punto de facerse sacerdote, abandona e marcha a Madrid. Desempeña diversos traballos e regresa a Noia, para facerse mestre. Impartiu aulas en Boiro, Outes, Torea, Esteiro e no IES As Insuas de Muros, onde foi director.

O seu afán de dinamización cultural e a súa vocación teatral levárono ao teatro escolar e afeccionado. Fundou e dirixiu os grupos teatrais: Talía de Noia (1962-66), Candea de Noia (1973-80), Agrocovo Teatro Infantil (1975-98), Xestruxo de Esteiro (1982-86) e O Xeito de Esteiro (2004).

Foi redactor xefe da revista Barbanza (1988-90), director de A Motora (1993), do comité de redacción da revista Alameda e director de publicacións da Editorial Toxosoutos.

Foi candidato ao Senado polo BN-PG en 1977 e ao Congreso en 1979, e concelleiro en Muros polo BNG de 1979 a 1987.

Está soterrado en Santa Cristina de Barro (Noia), a súa vila natal.

Obras

Narrativa

  • O espantapaxaros, 1972.

Teatro

  • O mestre, 1989.
  • Metá e metá, 1989.
  • Noite de lobos, 1989, escrito en 1975.

Ensaio

Literatura infanto-xuvenil

  • Os sete coitelos, 1994, Toxosoutos.
  • Rumbo ao Maluco, 2003.

Obras colectivas

  • Noia. Porto de Compostela, 2002. Banda deseñada. Foi traducida ao castelán.[1]

Premios

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.