Xosé

nome masculino From Wikipedia, the free encyclopedia

Xosé

Xosé[1][2] é un nome propio masculino galego. A súa orixe é o hebro yôsef (יוסף) «anada», do verbo lehosif (להוסיף) «engadir» «(Deus) engadirá» ("Deus dará").

Xosé, fillo de Xacobe, obra de Peter von Cornelius.

En xaneiro de 2023 existían 455 varóns en Galicia co nome Xosé, cunha media de idade de 40,7 anos.[3]

Etimoloxía

A explicación do significado deste nome que acha no Antigo Testamento, no libro da Xénese é a seguinte:

Logo lembrouse Deus de Raquel. Deus ouviuna e abriu o seu seo, e ela concibiu e deu a luz un fillo. E dixo: «Tirou Deus a miña afronta.» E chamouno Xosé, como dicindo: «Engádeme Xehová outro fillo.»"
Xénese 30,22-24.

Variantes do nome

En galego tamén ten os hipocorísticos Pepe, Pepiño, Piño, Pepín, Pepucho, Pucho, Pepaño, Xepe, Che, Cheíño, Chi, Chiño, Checé, Xexo, Xosín, Xosiño, Seso, Sesé, Se, Ieie ou Xe.[2]

11 parroquias teñen a San Xosé coma padrón (véxase: Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xosé).

Festa

A festividade de San Xosé é o 19 de marzo e o 1º de maio, San Xosé Obreiro, Día do Traballador.

Personaxes célebres

Personaxes bíblicos

Thumb
En hebraica, "Yosef" (יוסף). Detalle de mosaico-mural israelita simbólico da Tribo Israelita de Xosé, cuxo símbolo é o trigo.[4]
  • Xosé, fillo de Xacobe, patriarca do pobo de Israel, xefe dunha das doce Tribos de Israel e pai de Efraín e Manasés.
  • Xosé de Nazaret, carpinteiro, home de María e pai terreal de Xesús.
  • Xosé de Arimatea, que foi quen solicitou poder dar sepultura a Xesús de Nazaret.

Santos

  • Xosé Cafasso, sacerdote, defensor dos presos condenados a morte.
  • Xosé de Calasanz, sacerdote, fundador da primeira escola cristiá popular (Escolas Pías) de Europa.
  • Xosé de Leonessa, capuchino.
  • Xosé Marello Vialle, bispo, fundador da Congregación dos Oblatos de San Xosé.
  • Xosé María Rubio, confesor xesuíta, apóstolo de Madrid.
  • Xosé Oriol, sacerdote.
  • Xosé de Cupertino, freire.
  • Xosemaría Escrivá de Balaguer, sacerdote, fundador do Opus Dei.

Nobres

Variantes noutras linguas

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.