Xoán Davila

escultor galego ( -1610) From Wikipedia, the free encyclopedia

Xoán Davila

Xoán Davila nado en Tui e finado no 1610 en Santiago de Compostela, foi un importante escultor galego renacentista.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Xoán Davila
Biografía
NacementoTui, España
Morte1610
Santiago de Compostela, España
Actividade
Ocupaciónescultor
Influencias

Pechar
Thumb
San Xerome de Estridón de Xoán Davila na capela da comuñón da Catedral de Santiago de Compostela.

Traxectoria

Foi a Valladolid a perfeccionar a súa formación no obradoiro de Estaban Jordán, onde recibiu claras influencias de Juan de Juni. Realizou os retablos de Santa María de Castrobeza e San Nicolás naquela cidade. O 2 de setembro de 1599 asina xunto con Gregorio Español un contrato para a realización do coro lígneo da Catedral de Santiago de Compostela en madeira de nogueira. Ámbolos dous asumirían en 1603 a tarefa de tallar o retablo do Colexio de Fonseca do que nos quedan as figuras de San Xerome de Estridón e Santo Agostiño de Hipona na capela da Comuñón da basílica compostelá. Máis adiante realiza o retablo da antiga capela de San Frutuoso na catedral de Santiago e o do cruceiro do mosteiro de San Martiño Pinario. Estas últimas obras desapareceron. Un ano antes da súa morte o cabido da Catedral de Tui encargoulle a cadeira prelacial.

Estilo

Realiza tallas con tipos alongados e esveltos, outorga grandes doses de expresividade e vitalidade aos seus personaxes. Utiliza planos diferenciados para os pés e panos cinguidos á anatomía das figuras. Acada unha apreciable calidade técnica nas roupaxes, a fisionomía do rostro e as características barbas.

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.