Remove ads
escultor galego (1560-1630) From Wikipedia, the free encyclopedia
Gregorio Español, nado en Astorga ca. 1560 e finado despois de 1630, foi un escultor que traballou en León e Galiza nos séculos XVI e XVII. A súa obra máis relevante foi o novo coro da Catedral de Santiago de Compostela.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1555 Astorga, España |
Morte | 1632 (76/77 anos) Astorga, España |
Actividade | |
Ocupación | escultor |
Debeu estar vinculado ao taller de Gaspar Becerra (1520-1570), escultor andaluz que traballou durante un tempo na diocese de Astorga.
No ano 1596 trasladouse a Santiago de Compostela, encargándolle de seguido o cabido da sé, un novo coro, no que traballa xunto a Xoán Davila entre 1599 e 1608. No intermedio deste tempo, no ano 1598 foi chamado a Monforte de Lemos, para realizar traballos no Colexio de Nosa Señora da Antiga.
Español non se desvinculou da diocese de Astorga, onde volvería para realizar traballos diversos. Realizou o sagrario da igrexa parroquial de Biobra, na comarca de Valdeorras. En 1630, porén, volvía a estar activo en Compostela, onde se sabe que estaba traballando no retablo das Reliquias da Catedral. Ignórase a data certa da súa morte.
Parte da súa obra está exposta actualmente no Museo de Astorga.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gregorio Español |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.