Xilulosa 5-fosfato

composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia

Xilulosa 5-fosfato

A xilulosa 5-fosfato [2] ou xilulosa-5-fosfato [3][4] é unha molécula do monosacárido D-xilulosa cun fosfato esterificado no carbono 5. Trátase dun azucre de 5 carbonos (pentosa) cun grupo cetona (cetosa) no carbono 2, fosforilado no carbono 5. Intervén na ruta da pentosa fosfato e no ciclo de Calvin da fase escura da fotosíntese. Ademais desta función nesas rutas metabólicas, investigacións recentes atoparon que este azucre exerce tamén unha función no control da expresión xénica ao promover o factor de transcrición ChREBP (Carbohydrate Response Element Binding Protein) nos estados nos que hai abundancia de glicosa na célula.[5] Este factor media a activación de varios encimas regulatorios da glicólise e lipoxénese.

Máis información Propiedades ...
Xilulosa 5-fosfato

Thumb

Nome IUPAC (2,3,5-Trihidroxi-4-oxopentil)
dihidróxeno fosfato
Outros nomes D-xilulosa-5-P
5-O-fosfonato-D-xilulosa [1]
Fórmula empírica C5H11O8P
Masa molecular 230,109 g/mol
Estado físico/Cor
Número CAS 60802-29-1
Propiedades
Densidade
Punto de fusión
Punto de ebulición
Solubilidade en auga
Pechar

Na ruta da pentosa fosfato

Na ruta da pentosa fosfato a xilulosa 5-fosfato intervén en varias reaccións da fase non oxidativa desa ruta. Orixínase a partir da isomerización da ribulosa 5-fosfato pola acción do encima ribulosa 5-fosfato epimerase.

ribulosa 5-fosfato xilulosa 5-fosfato

A xilulosa 5-fosfato formada reacciona despois cunha molécula de ribosa 5-fosfato en reacción catalizada pola transcetolase, orixinando unha molécula de gliceraldehido 3-fosfato e outra de sedoheptulosa 7-fosfato.

ribosa 5-fosfato + xilulosa 5-fosfato gliceraldehido 3-fosfato + sedoheptulosa 7-fosfato

Outra reacción da ruta na que intervén ten lugar ao final da ruta e tamén está catalizada pola transcetolase. A xilulosa 5-fosfato e a eritrosa 4-fosfato reaccionan dando lugar a unha molécula de gliceraldehido 3-fosfato e outra de frutosa 6-fosfato.

eritrosa 4-fosfato + xilulosa 5-fosfato gliceraldehido 3-fosfato + frutosa 6-fosfato

No ciclo de Calvin

Na fase rexenerativa do ciclo de Calvin da fase escura da fotosíntese, a xilulosa 5-fosfato intervén en reaccións que son as mesmas da ruta das pentosas, pero que funcionan en sentido contrario [6]

gliceraldehido 3-fosfato + frutosa 6-fosfato eritrosa 4-fosfato + xilulosa 5-fosfato
gliceraldehido 3-fosfato + sedoheptulosa 7-fosfato ribosa 5-fosfato + xilulosa 5-fosfato
xilulosa 5-fosfato ribulosa 5-fosfato

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.