Remove ads
rama do islam From Wikipedia, the free encyclopedia
O xiísmo (árabe: شيعة, Shīʻah), é a segunda meirande rama do islam, logo do sunnismo. É o nome tradicional polo que se coñece á escola de xurisprudencia Islámica Xa'farita. Os seguidores do xiísmo chámanse xiítas. "Shīʻah" é a abreviatura da frase histórica Shīʻatu ʻAlī (árabe: شيعة علي), que significa "seguidores de Alí", "facción de Alí" ou "partido de Alí".[1][2]
A semellanza doutras escolas de pensamento no islam, o xiísmo baséase nas ensinanzas do libro sagrado do islam, o Corán e a mensaxe do último profeta do islam,[3] Mahoma.[4] Ao contrario que outras escolas de pensamento, o xiísmo mantén que a familia de Mahoma, a Ahl al-Bayt ("a Xente da Casa"), e certos individuos entre os seus descendentes, coñecidos coma imáns, teñen unha autoridade espiritual e política sobre a comunidade.[3][5] Os xiítas cren que Alí, o curmán de Mahoma e xenro, foi o primeiro deste imáns e foi o sucesor lexítimo de Mahoma[6] rexeitando así a lexitimidade dos tres primeiros califas.[6][7]
Os xiítas recoñecen a Alí coma a segunda figura máis importante logo do profeta Mahoma. Segundo eles, Mahoma suxeriu en varias ocasións durante a súa vida que Alí debería ser o líder dos musulmáns logo do seu pasamento. De acordo con esta perspectiva, Alí coma sucesor de Mahoma non só gobernaría sobre a comunidade, senón que tamén interpretaría a xaria e o significado esotérico do Corán. Polo tanto considerouse coma libre de erro e pecado (infalible) e designado por Deus por orde divina (Nass) para ser o primeiro imán.[8] Alí é coñecido coma o "home perfecto" (al-insan al-kamil) semellante a Mahoma segundo a perspectiva xií.[9] Como resultado, os xiítas empregan hadiths atribuídos a Mahoma e aos imáns, e dan credibilidade á familia do Profeta e aos socios achegados, en contraste coas tradicións sunnitas nas que a sunnah é narrada en boa parte por compañeiros.[10][11] Posteriormente, as diferenzas dos hadiths entre os xiítas e os sunnitas son unha das principais razóns das friccións entre eles, xa que os sunnitas non aceptan os hadiths xiítas e viceversa.[12]
O xiísmo é profesado por cerca do 15% dos 1600 millóns de musulmáns existentes no mundo.[13]
Etimoloxicamente, xía deriva do árabe shi`a, que significa facción, partido, ou seguidor. Refírese historicamente aos seguidores da shi'a do Imám Ali, partido, facción ou seguidores de Alí, nas loitas polo poder que seguiron á morte de Mahoma. Pouco antes da súa morte, Mahoma, ao regresar da peregrinación á Meca, reuniu a máis de 100.000 creentes en Ghadir Khum e dixo ante eles que quen o considerasen o seu mestre fixesen o mesmo con 'Ali ibn Abi Talib.
O 18 de Zul Hiyya de cada ano celébrase no mundo xiíta o aniversario da declaración de Ghadir al-Jumm na cal o Profeta dixo achega de Ali ibn Abi Talib:
Para quen eu sexa o seu Maulá (autoridade política e espiritual), este ´Ali é o seu Maulá.
Dada a importancia deste suceso para os xiíes, o propósito deste artigo é estudar de que forma o suceso de Ghadir al-Jumm foi manexado polos orientalistas. Por ‘orientalistas‘ referímonos á investigación occidental achega do islam e tamén a aqueles que recibiron todo o seu adestramento islámico baixo a guía destes eruditos. Antes de continuar, non quedaría fóra de lugar unha breve narración do suceso de Ghadir al-Jumm. Isto axudará especialmente a aqueles que non están familiarizados con Ghadir al-Jumm. No Corán menciónase que no seu regreso da última peregrinación, o Profeta Muhammad recibiu a seguinte orde de Deus:
¡Oh, Mensaxeiro, difunde o que se che revelou do teu Señor; se non o fas, sería coma se non difundises a mensaxe no absoluto. Deus protexerate da xente.Corán 5:67.Sura 5:67
Polo tanto detívose en Ghadir al-Jumm o 18 de Zul Hiyya, décimo ano da Héxira, para comunicar a mensaxe aos peregrinos antes de que se dispersaran. Como facía moita calor, construíuse unha tarima cuberta con ramas para el. Daquela o Profeta deu un sermón moi extenso. Nun punto preguntoulle aos seus fieis seguidores se el (Muhammad) tiña máis autoridade (awla) sobre os creentes da que eles tiñan sobre si mesmos. A multitude gritou: ‘Si, é así Oh Apóstolo de Alá‘. Logo tomou a Alí da man e declarou: ‘Para quen eu sexa o seu Maulá, este Alí tamén é o seu Maulá (Man kuntu Maulahu fa hada Aliyun maulahu)‘. Daquela o Profeta anunciou que se achegaba a súa morte e recomendoulles aos creentes a que permanecesen aferrados ao Corán e a Ahlulbayt. Isto resume as partes máis importantes de Gadir Khum.
Cando morreu Mahoma no ano 632, un grupo dos seus compañeiros decidiron ignorar aquela proclamación e nomearon de entre eles ao sucesor do Profeta. Quen tomaron partido por Alí, primo e xenro de Mahoma, con todo, consideraron que este era o seu único sucesor lexítimo xa que fora a persoa máis próxima a Mahoma, quen o sinalou como sucesor en varias oportunidades, a máis notable das cales foi aquela que tivo lugar en Ghadir Khum. Así, negáronse a recoñecer aos notables sucesivamente elixidos para desempeñar o papel de califas ou sucesores do Profeta: Abu Bakr, Omar e Otmán. Trala morte deste último, Alí será finalmente elixido califa. Con todo, acusado de haber instigado a morte do seu predecesor, o seu poder será contestado por Mu'awiya, gobernador de Siria e membro da familia dos Omeias, iniciándose así unha guerra civil entre ambas faccións. Cando ambos líderes aceptaron no campo de batalla de Siffín someter as súas diferenzas ao ditame dun árbitro independente, das filas de Alí xurdirá unha terceira facción, a dos xariismos, que non aceptaron a arbitraxe. Esta facción asasinou a Alí no 661, e o mesmo día trataron de acabar tamén con Mu'awiya e co árbitro, sen logralo. Os partidarios de Alí puxeron entón as súas esperanzas no seu fillo Hasan, que presionado e enganado por Mu'awiya renunciou ao poder, Para rematar, Husayn, 2.º fillo de 'Ali negouse a xurar lealdade a Mu'awiya, debido á súa notable corrupción, por ese motivo foi morto na batalla de Karbalá, xunto a 72 seguidores, polo exército de Yazid, fillo de Mu'awiya, exército composto de máis de trinta mil homes. A súa terrible morte no campo da batalla de Karbalá (Iraq), en 680, marcará o principio do cisma entre os xiíes e aqueles a quen se chamará máis tarde «suníes».
O destino tráxico de Husayn sacudiu a unha parte dos musulmáns e provocou unha determinación de combater ata o fin por un ideal de poder considerado xusto e respectuoso cos fundamentos do islam primitivo. O martirio de Husayn, fito fundamental do xiísmo (que o conmemora todos os anos con procesións de penitentes na xornada da Ashura) convértese en símbolo da loita contra a inxustiza. Os descendentes de Husayn, dirixentes ou imáns da comunidade dado o carácter hereditario atribuído por esta á sucesión, tiveron todos un destino tráxico de cárcere e morte. O poder temporal suscitaba pois un problema, que se solucionou grazas ao fenómeno da ocultación ou gayba. O duodécimo imám, ou Mahdi, desapareceu e unha parte da comunidade considerou que se ocultou por medios sobrenaturais pero que seguiría vivo ata o seu regreso ao final dos tempos, co cal non podía sucedelo ninguén. Así puxeron fin á cuestión, o que permitiu un acatamento formal do poder político imperante. Os xiítas que creron nesa ocultación foron chamados en diante setimanos (polo número do imám desaparecido) ou ismailíes (polo nome do imán Ismail). O resto da comunidade, maioritario, considerou morto a Ismail e seguiu recoñecendo como imáns aos seus descendentes, razón pola cal foron chamados imamíes. Con todo, acabaron recoñecendo o seu propio fenómeno de ocultación: o duodécimo imám (Muhàmmad al-Mahdí), segundo a crenza deste grupo, escapou do cárcere por medios sobrenaturais e desapareceu no ano 874. Aos imamíes chamaráselles desde entón tamén duodecimanos. A existencia do «Imám Oculto» dá unha forte dimensión esotérica ao xiísmo.
Os libros xerais de hadîz compilados que hoxe se consideran o eixe de referencia da doutrina e as normas do xiísmo son:
Este conforma o segundo conxunto dos compendios do hadîz que elaborou e ordenou o Xiíta ao longo da historia mediante os seus rápidos esforzos ata os séculos cuarto e quinto da héxira. Como xa se mencionou, foron elaborados compendios de hadices durante a época dos Imáms nos séculos segundo e terceiro, que se denominan “as primeiras compilacións”, iso sumado aos “Usûl al-arba‘mî’ah” (os catrocentos documentos elaborados directamente polos compañeiros dos Imáns Inmaculados) cuxo contido foi trasladado ao segundo conxunto dos compendios do hadîz.
Debido a que a Ciencia do Hadîz foi obxecto de atención por parte do xiísmo, nos séculos XI e XII foron elaboradas outras compilacións do hadîz. As máis famosas on Bihâr Al-Anwâr (Os Mares de Luces) de ‘Allâmah Muhammad Bâqir Al-Maÿlisî, e Wasâ’il Ash-Shî‘ah (Os Medios da Xhiita) de Muhammad Ibn Al-Hasan Al-Hurr Al-‘Âmilî.[14]
As principais fontes, en orde de importancia, son o Corán, a Sunna (ou tradición profética, dos Imáns e os seus sucesores), o consenso de opinión (dos sabios da comunidade) e a razón ou intelecto.
Os xiíes recoñecen os cinco alicerces do islam, o Corán, a sunna (á que seguen a través da familia de Mahoma), e en xeral o culto non se diferenza externamente doutras ramas do islam. Con todo, hai unha notable diferenza teolóxica de base. Os xiítas recoñecen cinco dos seis alicerces do islam (a fe), pero cambian o sexto: eles non cren no Decreto Divino (que todo o bo e o malo provén de Deus) e no seu lugar, cren na xustiza divina. Os xiítas cren que os imáns foron parte dunha cadea que se inicia co Profeta Mahoma, cadea depositaria da graza divina que a capacita para a correcta interpretación do Corán, pero inferior en atributos aos profetas. Con todo, segundo os salafis e wahabbíes (1% dos musulmáns) din, os xiítas cren que os imáns son iguais ou ata superiores aos profetas. Esta é a razón pola que, segundo estas dúas seitas, os xiítas están fóra do islam.
O culto aos santos, prohibido no sunnismo, é unha característica do xiísmo. O xiísmo acepta a disimulación da fe cando a vida está en perigo.[16]
O xiísmo festexa as datas dos nacementos de Mahoma, Fátima, Alí, Hassan e Hussain, festexos todos eles prohibidos para os suniitas. A verdadeira interpretación do Corán foi a que fixo Alí, a petición de Mahoma, e Alí pasoulla aos imáns. Eles danlle á dor humana un valor de redención e de purificación. Nas súas festas recordan con dor e choros a paixón de Alí e de Hussain, algo inaceptable para os suniitas.[17]
Os xiíes, a diferenza dos suníes, consideran que o matrimonio pode ser de dous xeitos: permanente ou temporal. Existe o "Mut'a" ou matrimonio temporal.[17][18] O divorcio, en cambio, é máis permisivo no sunnismo.[16]
A doutrina difiere da do sunnismo, fudamentalmente, na xurisprudencia e na interpretación dos textos sagrados. Eles acusan ao sunnismo de terxiversar a mensaxe orixinal do Profeta e de usurpar a lexitimidade da familia de Mahoma. Os xiíes sosteñen como preceptos fundamentais a autonomía o individuo fronte á xustiza divina e a autoridade dos imáns. Os imáns son os únicos herdeiros lexítimos do Profeta. O último deles retornará ao final dos tempos para restablecer a xustiza divina.[16]
As particularidades doutrinais máis importantes do xiísmo son o gnosticismo ou Irfán e o imanato .
A interpretación do xiísmo do termo imám difiere da do sunnismo. Para o xiísmo o imán é infalible, como os profetas, ten un coñecemento perfecto da Lei e está exento do pecado, ten un sentido esotérico e místico.[19]
O imám é o depositario da fe islámica, ninguén pode chegar a Deus se non é a través do imám, quen é infalible.[17]
A figura do imán, neste caso, refírese ao xefe supremo da comunidade (equivalente ao califa) e non ao sentido habitual de guía ou director de oración dunha mesquita (que é o que hai que entender cando se fala por exemplo do imán Ruhollah Khomeini).
Para os xiítas, Deus non pode admitir que o home camiñe cara a súa perdición, e por iso enviou aos profetas para guialo. Con todo, segundo a crenza xeral do islam, a morte de Mahoma puxo fin ao ciclo profético. Xa que non hai profetas, é necesario un garante espiritual da conduta humana, que sexa ao mesmo tempo proba da veracidade da relixión e guía da comunidade: o imán. Este debe reunir unha serie de características que lle fagan ser o home máis perfecto do seu tempo: versado en relixión, xusto, desprovisto de defectos. Ademais, ten certa investidura sobrenatural outorgada por Deus. O imán é infalible, segundo a teoría enunciada por vez primeira polo mutakallim' Hišām ibn al-Ḥakam —discípulo de Ŷaʿfar aṣ-Ṣādiq (700-765)—, e desenvolvida despois por Nasireddín Tusí (1201-1274) e ʿAllāmat al-Ḥilli (1250-1325).[20] Esta característica é considerada polos wahhabíes e os salafis (aparentemente estes dous confunden infalibilidade con profecía) como única dos profetas, polo que considerar infalibles aos imáns é negar que a profecía terminou con Mahoma, e xa que logo, é negar o primeiro alicerce do islam; o anterior significa, segundo esas seitas, que quen adhiren a devandita crenza non son considerados musulmáns.
O imán debe ser descendente directo de Mahoma, pola liña da súa filla Fátima Az Zahra. O primeiro imán foi Alí, esposo da filla do profeta, Fátima az-Zahra. Esta reivindicación, que na súa orixe tiña un carácter político, adquiriu co tempo unha importante dimensión teolóxica. O imanato encarna á vez os poderes espiritual e terreal.
O xiísmo considera que o Corán ten unha mensaxe literal, interpretable por calquera musulmán, que é válido. Con todo, esa mensaxe literal ou exotérica é á súa vez unha mensaxe cifrada ou esotérica que oculta coñecementos que só son interpretables por certos iniciados. Devandita mensaxe esotérica é á súa vez metáfora dunha terceira mensaxe, máis oculto aínda, e así ata sete niveis de esoterismo. A mensaxe última en calquera caso é coñecida só polo Allah. O esoterismo (especialmente forte no caso dos ismailíes) non ten como tal repercusións prácticas para a maioría dos fieis, que se limitan a seguir a mensaxe literal do Corán, pero está moi relacionado coa institución do imanato, marcando distancias co sunnismo, que considera que calquera creente pode ser o seu propio intérprete da mensaxe divina. Isto implica, entre outras cousas, que no sunnismo, (máis do 80% de todos os musulmáns) non existe unha estrutura clerical como ocorre noutras relixións abrahámicas, como o cristianismo ou o xudaísmo.
A orixe do esoterismo xiíta hai que buscalo na expansión inicial do xiísmo, segundo os wahhabies e os salafis, por Irán, Siria, Líbano, Xordania e Palestina, onde adquiriría características das crenzas preexistentes, en concreto da filosofía neoplatónica e do mazdeísmo. así tamén, segundo esas dúas seitas, as supostas mensaxes ocultas estudadas polos iniciados teñen moitas características comúns con aquelas escolas filosóficas estrañas (en xeral o sunnismo, desde o século XII rexeita a filosofía e a teoloxía). Segundo salafis e wahhabies, este sería un sincretismo relixioso do xiísmo contrastante co anhelo do islam (segundo wahhabies e salafis) de manterse na súa forma pura e orixinal, sen mesturarse con outras ideoloxías e crenzas.
En realidade, non existe un clero xiíta, senón expertos en relixión, que con todo non pertenence a corpo colexiado algún. Eses expertos xiítas nas altas esferas de formación e intelectualidade, están moi relacionados co esoterismo e o imanato. Dado que existe unha mensaxe invisible e dado que quen a coñece segue vivo pero está oculto, é necesario un corpo de intérpretes capaces de captar os signos enviados polo imán desde a súa ocultación. Podería dicirse tamén que como o guía espiritual segue vivo, a doutrina non está completamente pechada. Os intérpretes son os ulemas, tamén chamados mulás.
As diferenzas en torno á sucesión de certos imáns son en boa medida a orixe da formación de varios grupos dentro do xiísmo. A maioría dos xiítas encádranse en catro grandes grupos: o dos imamíes ou duodecimanos, maioritario, o dos alauíes tamén duodecimanos, o dos zaidíes e os ismailíes. Estes últimos dividíronse á súa vez pola sucesión do califa fatimí Al-Mustansir.
A eles hai que engadir certos cultos situados na periferia do islam, é dicir, que xurdiron do xiísmo ou das ramas anteriores, ou que mesturaron ideas musulmás e doutras relixións, pero que non sempre son considerados musulmáns. Os máis destacados son os drusos e os alevítas.
Desde o punto de vista do carácter dos imáns dividiríanse en zaidíes (o imán é só un líder); intermedios (o imán é hereditario e está guiado por Deus, crenza apoiada pola maioría dos xiíes); e extremistas ou "ghulat" (o imán é unha manifestación de Deus, polo que son considerados non-musulmáns —Alí-ollahíes ou Ahl-e Haqq, drusos—).
Os xiíes constitúen hoxe entre un 15% dos musulmáns.[13] Son maioritarios en Irán, Acerbaixán, Iraq, Bahrain e o sur do Líbano, e existen minorías xiíes noutros lugares, especialmente en Siria, Afganistán e Paquistán.
O xiísmo septimano existe na India, Paquistán, Siria e o Iemen.
Os drusos atópanse sobre todo na rexión situada entre o sur do Líbano, os altos do Golán e o norte de Israel.
Os zaidíes atópanse principalmente no Iemen.
Os alauíes son bastante numerosos na Siria. A familia de Bashar al-Assad, actual presidente do país, pertence a esta confesión.
Os alevitas atópanse no centro e o leste de Turquía.
Tanto os xiítas como os suníes comparten unha certa veneración e obrigacións relixiosas cara a certos santuarios e lugares sagrados, como A Meca, Medina e Mesquita de Al-Aqsa pero a mesquita do Imán Alí e a mesquita do Imán Hussein tamén son veneradas. Logo da Meca e Medina, Najaf e Karbala son as cidades máis sagradas para os xiítas.
1 | Alí (661). | ||||||
╔══════════════════════ | ═══ | ╣ | |||||
Al-Hanafiyya | Fátima az-Zahra (633). | ||||||
│ | ├──────────────────── | ─── | ┐ | ||||
4 | Muhammad ibn al-Hanafiyya (700) | 3 | Husayn (680) | 2 | Hasan (669). | ||
Ocultación | │ | │ | |||||
Kayssaníes | │ | │ | |||||
4 | Ali Zayn al-Abidin (712) | Zayd ibn al-Hasan | |||||
┌─────────────────────── | ─── | ┤ | |||||
5 | Muhammad al-Báqir (791) | 5 | Zayd ibn Ali (740). | ||||
│ | Zaydíes | ||||||
6 | Ya'far as-Sádiq (765). | ||||||
├─────────────────────── | ─── | ───────────────────── | ─── | ┐ | |||
7 | Musa al-Kázim (799) | 7 | Ismail ibn Ya'far as-Sádiq (760). | ||||
│ | Ismailíes | ||||||
8 | Ali ar-Rida (818) | │ | |||||
│ | 8 | Muhammad al-Maktum (oculto) (813). | |||||
9 | Muhammad al-Yawad (839) | │ | |||||
│ | 9 | Abd Allah al-Wafi (oculto) (828). | |||||
10 | Ali al-Hadi (868) | │ | |||||
│ | 10 | Muhammad at-Taqi (oculto) (840). | |||||
11 | Hasan al-Askarî (874) | │ | |||||
├─────────────────────── | ─── | ┐ | 11 | Abd Allah ar-Radi (oculto) (881). | |||
12 | Muhammad al-Mahdi (???) | 12 | Ibn Nuzayr | ├────────────────────────── | ─── | ┐ | |
Ocultación | Alauíes | 12 | Ubayd Allah al-Mahdi (934) | Cármatas | |||
Duodecimanos | Alauíes | Fatimís | |||||
│ | |||||||
13 | Al-Qaim (946). | ||||||
│ | |||||||
14 | Al-Mansur (952). | ||||||
│ | |||||||
15 | Al-Mu`izz li-Din Allah (975). | ||||||
│ | |||||||
16 | Al-Aziz bi-llah (996). | ||||||
│ | |||||||
17 | Al-Hakim bi-Amr Allah (1021). | ||||||
┌──────────────────── | ─── | ┤ | |||||
Ocultación | 18 | Az-Zahir (1036). | |||||
Drusos | │ | ||||||
19 | Al-Mustansir bi-llah (1094). | ||||||
┌──────────────────── | ─── | ┤ | |||||
20 | Nizar | 20 | Musta`li (1101). | ||||
Nizaris | Musta`líes | ||||||
│ | │ | ||||||
21 | Hadi | 21 | Amir (1130). | ||||
│ | │ | ||||||
22 | Muhtadi | 22 | Abu l-Qásim at-Tayyib (1142). | ||||
│ | Ocultación | ||||||
23 | Al-Azikri Salam | ||||||
│ | |||||||
etc. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.