escritor e inventor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Juan María de la Coba Gómez,[1] nado en Ourense o 30 de marzo de 1829 e finado na mesma cidade o 9 de novembro de 1899, foi un escritor e inventor galego, considerado un dos animadores máis excéntricos da vida cultural da súa cidade.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de marzo de 1813 Ourense, España |
Morte | 9 de novembro de 1899 (86 anos) Ourense, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor, xornalista, poeta, inventor, editor literario |
Xénero artístico | Poesía, teatro |
Perito agrimensor de profesión, foi ebanista, inventor e poeta. Recordado polo seu invento do Pirandárgallo, un paraugas universal, que segundo argumentaba, “bastaba poñelo aberto no curuto do Polo Norte para que as pingueiras da chuvia nin sequera chiscasen a panza do Ecuador da Esfera Terráquea”. Inventou tamén unha lingua, o trampitán, idioma empregado por Gonzalo Torrente Ballester na novela La saga/fuga de J. B.[3]. Escribiu dúas pezas teatrais en galego, mais segundo a crítica o contido das súas obras era de calidade pésima e carentes de acción e de interese.[4]
Cerámica de Sargadelos fixo unha botella coa súa figura.[5][6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.