economista e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Xan López Facal, Xoán López Facal, ou Joám Lopes Facal, nado en Toba (Cee) en 1940, é un enxeñeiro, economista e político galego.
Nome orixinal | Xoán Xosé López Facal |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1940 (83/84 anos) Toba, España |
País de nacionalidade | española |
Formación profesional | Enxeñeiro industrial Doutor en Ciencias Económicas |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade Politécnica de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | economista, político |
Empregador | Tafisa, Estaleiro Barreras, SODIGA, Universidade de Santiago de Compostela |
Lingua | castelán, galego |
Familia | |
Cónxuxe | Ana |
Irmáns | Javier López Facal Ramón López Facal |
Trasladouse a Santiago de Compostela a casa duns familiares para facer os últimos cursos de bacharelato e estudar na súa Universidade. Tras estudar o primeiro curso de Ciencias na Universidade de Santiago de Compostela[1] (daquela curso común para todas as licenciaturas en Ciencias e as enxeñarías), trasladouse a Madrid para estudar na súa Universidade Politécnica a carreira superior de Enxeñaría industrial.[1] Posteriormente acadou o título de doutor en Ciencias Económicas na USC.[2]
Traballou como enxeñeiro na empresa Tafisa de Pontevedra, e despois no estaleiro Barreras en Vigo.[1] Nesa época desenvolveu unha intensa actividade sindical militando na clandestinidade en Galicia Socialista con Camilo Nogueira (cuñado seu). Marchou a Madrid para traballar nos servizos centrais do Banco Popular e despois no Banco Central.[1] Regresou a Galicia para traballar en SODIGA, da que chegou a ser director económico-financeiro.[1] Foi un dos dirixentes da Asemblea Popular Galega, integrándose despois no Partido Obreiro Galego. Foi profesor de Enxeñería Química da Universidade de Santiago de Compostela e deputado no Parlamento de Galicia polo PSG-EG. En 1999 prexubilárono de Sodiga e deu clases na Escola Politécnica Superior de Lugo. Traballou na análise da situación da economía galega e participou como docente en cursos máster da USC.[1]
Escribiu unha tese sobre o Banco Olimpio Pérez. (Véxase máis abaixo).
En 2016 tomou parte na fundación da Associaçom de Estudos Galegos (AEG) da que actualmente[cando?] é o seu presidente.[2]
É irmán do lingüista, especialista en grego e tradutor Javier López Facal, e do profesor de historia e historiador Ramón López Facal.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.