From Wikipedia, the free encyclopedia
A Asemblea Popular Galega (APG) foi unha organización política creada o 10 de outubro de 1976 por un grupo escindido da Asemblea Nacional-Popular Galega por considerar a esta última próxima de máis á Unión do Povo Galego. Os seus líderes eran Xan López Facal, César Portela, Carlos Vázquez e Mario López Rico e celebrou o seu primeiro Congreso en decembro de 1976. A APG apoiaba ao Partido Socialista Galego e formaban parte dela un sector escindido das Comisións Labregas denominado Comisións Labregas Terra e os Comités de Traballadores Galegos. Participou na posta en marcha da revista Teima (1976-1977). A APG deixou de existir o 4 de decembro de 1977.
Asemblea Popular Galega | |
---|---|
Tipo | partido político |
Ideoloxía | socialismo |
Data de fundación | 10 de outubro de 1976 |
Data de disolución | 4 de decembro de 1977 |
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.