XXXIX edición dos Premios Goya
From Wikipedia, the free encyclopedia
A 38 edición dos Premios Goya, entregados pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas de España, recoñeceu o mellor do cine español en 2024 e tivo lugar Palacio de Congresos e Exposicións de Granada o 8 de febreiro de 2025. Foi retransmitida por La 1 e tivo unha audiencia de 2.340.000 espectadores cun 24% de cota de pantalla.[1]
Antecedentes
O 22 de outubro de 2024, a Academia deu a coñecer a lista de 17 películas que foron seleccionadas ao Premio Goya á mellor película iberoamericana, das cales sairon as 5 nomeadas: Agárrame Fuerte (Uruguai), Aire: Just Breathe (República Dominicana), Ainda estou aqui (Brasil), Chuzalongo (Ecuador), Despierta Mamá (Panamá), El jockey (Arxentina), El ladrón de perros (Bolivia), El lugar de la otra (Chile), La flor de Buriti (Portugal), La mujer salvaje (Cuba), La suprema (Colombia), Los últimos (Paraguai), Memorias de un cuerpo que arde (Costa Rica), Niños de las brisas (Venezuela), Rita, (Guatemala), Sujo (México) e Yana-Wara (Perú).[2]
O 8 de novembro de 2024, a Academia Española de Cine presentou as 21 películas presentadas para o Premio Goya á mellor película europea (que agora permiten presentar ata dúas presentacións por país na categoría).[3]
O 13 de novembro de 2024, a Academia Española de Cine anunciou a Maribel Verdú e Leonor Watling como anfitrioas da gala.[4][5][6]
As candidaturas foron comunicadas en Granada por Natalia de Molina e Álvaro Cervantes o 18 de decembro de 2024;[7] tamén se anunciou que durante a gala se celebrarían actuacións musicais de Alejandro Sanz, Amaral, Dora, Rigoberta Bandini, Zahara, Miguel Ríos, Dellafuente, os irmáns Morente (Estrella, Kiki e Soleá ) e Lola Índigo.[8]
Gala
Por vez primeira, nesta edición se outorgou un premio á mellor película ex aequo que recaeu nos filmes La Infiltrada de Arantxa Echevarría e El 47 de Marcel Barrena.[9][10] Esta última película foi a gran triunfadora pois contaba con 14 nomeamentos e conseguiu cinco premios: mellor película, mellor actriz secundaria para Clara Segura, mellor actor secundario para Salva Reina, mellor dirección de produción e mellores efectos visuais.[11]
Os Goya de Honra, nacional e internacional respectivamente, foron concedidos a Aitana Sánchez-Gijón[12][13] e a Richard Gere.[14][15]
Nomeamentos e premios das longametraxes presentadas
Película | Nomeamentos | Premios |
---|---|---|
El 47[11] | 14 | 5 |
La infiltrada[16] | 13 | 2 |
Segundo premio[17] | 11 | 3 |
La habitación de al lado[18] | 10 | 3 |
A virxe vermella[19] | 9 | 2 |
La estrella azul[20] | 8 | 2 |
Casa en flames[21] | 1 | |
Marco[22] | 5 | 2 |
Los destellos[23] | 4 | 0 |
Soy Nevenka[24] | 0 | |
Dragonkeeper: Guardiana de dragones[25] | 3 | 0 |
La guitarra flamenca de Yerai Cortés[26] | 2 | 2 |
Salve María[27] | 1 | |
Volveréis[28] | 0 | |
La casa[29] | 0 | |
Mariposas negras[30] | 1 | 1 |
Ainda estou aqui[31] | 1 | 1 |
El cambio de rueda[32] | 1 | 0 |
¿Es el enemigo? La película de Gila[33] | 1 | 0 |
Calladita[34] | 1 | 0 |
El llanto[35] | 1 | 0 |
Por donde pasa el silencio[36] | 1 | 0 |
Rita[37] | 1 | 0 |
Verano en diciembre[38] | 1 | 0 |
Buffalo Kids[39] | 1 | 0 |
Polvo serán[40] | 1 | 0 |
Los pequeños amores[41] | 1 | 0 |
Disco, Ibiza, Locomía[42] | 1 | 0 |
Rock Bottom[43] | 1 | 0 |
SuperKlaus[44] | 1 | 0 |
Domingo Domingo[45] | 1 | 0 |
Marisol, llámame Pepa[46] | 1 | 0 |
Mi hermano Ali[47] | 1 | 0 |
No estás sola[48] | 1 | 0 |
Agarrame fuerte[49] | 1 | 0 |
El Jockey[50] | 1 | 0 |
El lugar de la otra[51] | 1 | 0 |
Memorias de un cuerpo que arde[52] | 1 | 0 |
El Conde de Montecristo[53] | 1 | 0 |
Emilia Pérez[54] | 1 | 0 |
Flow[55] | 1 | 0 |
La Chimera[56] | 1 | 0 |
The Zone of Interest[57] | 1 | 0 |
Premios

Mellor película | Mellor dirección |
---|---|
| |
Mellor interpretación masculina protagonista | Mellor interpretación feminina protagonista |
|
|
Mellor interpretación masculina secundaria | Mellor interpretación feminina secundaria |
|
|
Mellor guión orixinal | Mellor guión adaptado |
|
|
Mellor dirección novel | Melor dirección artística |
|
|
Mellor actor revelación | Mellor actriz revelación |
|
|
Mellor película documental | Mellor película de animación |
|
|
Mellor dirección de produción | Mellor montaxe |
|
|
Mellor fotografía | Mellor son |
|
|
Mellor música orixinal | Mellor canción orixinal |
|
|
Mellor deseño de vestiario | Mellor maquillaxe e peiteado |
|
|
Mellores efectos especiais | Mellor curtametraxe de ficción |
|
|
Mellor curtametraxe documental | Mellor curtametraxe de animación |
|
|
Mellor película iberoamericana | Mellor película europea |
|
|
Premio Goya de Honra | Premio Goya Internacional |
![]() |
![]() |
In Memoriam
Na gala, rendeuse homenaxe aos falecidos durante o ano 2024 e que estaban vencellados á industria cinematográfica. Entre eles, estaban: Jaime de Armiñán, Francisco Carrasco (crítico cinematográfico), Vanessa Castro (actriz), Jaime D'Ors, Rosalía Dans, Xabier Deive, Carlos Ferrando, Teresa Gimpera, Mayra Gómez Kemp, Eva Lyberten, Silvia Pinal e Silvia Tortosa.[58]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.