From Wikipedia, the free encyclopedia
William Salice, nado en Casei Gerola, Lombardía o 18 de xullo de 1933 e finado en Pavia, Lombardía o 29 de decembro de 2016, foi un empresario italiano.[1] Foi empregado en Ferrero SpA, onde foi recoñecido como o inventor dos ovos Kinder Sorpresa.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de xullo de 1933 Casei Gerola, Italia |
Morte | 29 de decembro de 2016 (83 anos) Pavia, Italia |
Causa da morte | ictus |
Lugar de sepultura | Lombardía |
País de nacionalidade | Italiana |
Actividade | |
Ocupación | Empresario |
Empregador | Ferrero (pt) (1960–2007) |
Comezou a traballar en Ferrero en 1960, e finalmente converteuse nun estreito colaborador do dono da empresa, Michele Ferrero.[2][3]
Ideou o concepto dos ovos Kinder Sorpresa a finais dos anos 1960, mentres investigaba usos alternativos para os moldes de ovos de pascua de chocolate do fabricante, que estaban sen usar a maior parte do ano.[2][4] A pesar disto, insistiu en referirse a Michele Ferrero como o inventor, afirmando ser, simplemente, o «executor material» da idea.[1][2] Os ovos Kinder foron comercializados por primeira vez en 1974.[4]
Tamén xogou un papel na creación doutros diversos produtos de Ferrero, tales como os Ferrero Rocher e Pocket Coffee.[2]
Despois da súa xubilación en 2007, cofundou Cor Your Life Foundation, xunto ao empresario italiano Enrico Gasperini.[5] A fundación ofrece cursos gratuítos para mozos emprendedores.[6]
Morreu o 29 de decembro de 2016, na cidade de Pavia, despois de sufrir un accidente cerebrovascular. Tiña 83 anos.[1][2][3][4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.