empresario e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Wenceslao González Garra, nado en Vilagarcía de Arousa o 19 de xaneiro de 1888 e finado na mesma vila o 16 de setembro de 1965, foi un navieiro e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de xaneiro de 1888 Vilagarcía de Arousa, España |
Morte | 16 de setembro de 1965 (77 anos) Vilagarcía de Arousa, España |
Actividade | |
Ocupación | empresario, político |
Premios | |
Fillo de Wenceslao González Jimeno e Camila Garra Castellanzuelo. Propietario da navieira González Garra.[1] Foi consignatario e dono do Salto Eléctrico do Tambre que adquiriu en 1918,[2] e que foi xerme de Fenosa. Constituíu en 1918 a sociedade Fábricas Coruñesas de Gas y Electricidad xunto con Ricardo Rodríguez Pastor.[3] Foi socio prioritario da Compañía General de los Ferrocarriles de Galicia constituída en 1920 e principal accionista da Compañía Minera de Linares en 1939. Encomendou ao seu amigo Antonio Palacios o proxecto de Ensanche de Vilagarcía de Arousa, cuxos planos se exhibiron na Casa do Concello.[4] Formou parte dos consellos de administración de FENOSA e do Banco de Vigo.
Membro do Partido Conservador, foi elixido deputado polo distrito de Cambados nas eleccións de 1920 e volveu ser elixido deputado nas eleccións de 1923. Na República integrouse no Partido Radical, despois pasou a militar na CEDA e presentouse na candidatura de dereitas ás eleccións de febreiro de 1936.[5] Amigo persoal do xeneral Emilio Mola, foi un dos empresarios que financiou a conspiración que deu lugar ao golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. En setembro de 1936 foi a Burgos e ao regreso trouxo a Consuelo Bascón, esposa de Mola, e a súa filla a pasar uns días en Vilagarcía.[6] Tamén acompañou ao xeneral Cabanellas cando visitou Vilagarcía en outubro como inspector xeral do Exército.[7] Acompañou a Francisco Franco na visita que este fixo a Vilagarcía en 1941.
Foi un gran amante do deporte da vela, gañador de trofeos patroneando os balandros de 6,5 metros Cisco e Folerpa.[8][9]
Casou con Purificación Rasilla Salgado
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.