Fuerzas Eléctricas del Noroeste, S.A., (en galego Forzas Eléctricas do Noroeste), máis coñecida polas súas siglas en español Fenosa, foi fundada na Coruña en 1943 polo empresario Pedro Barrié de la Maza, co obxectivo de reunir as compañías do sector que posuía a través de varias sociedades: algunhas xestionadas polo Banco Pastor (que era da súa propiedade), como Sociedad General Gallega de Electricidad (que xestionaba a expropiada Electra Popular Coruñesa); e outras baixo o seu mando directo, como Fábrica de Gas y Electricidad.[1]
Fuerzas Eléctricas del Noroeste | |
---|---|
Transformador de Fenosa en Toén | |
Tipo | Sociedade anónima |
Fundación | 1943 |
Localización | A Coruña, España |
Persoas clave | Pedro Barrié de la Maza |
Industria | Electricidade |
Produtos | Electricidade |
Número de empregados | +1.000 |
Na rede | |
http://www.gasnaturalfenosa.es/html/esp_hogar/home_hogar/index.html?id=gl | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A intervención da ditadura foi decisiva no nacemento e expansión de Fenosa, creada en 1943. A orixe de Fenosa procede dun suceso relacionado co golpe de Estado. A compañía Electra Popular Coruñesa era a máis implantada en Galicia e propiedade de José Miñones Bernárdez, empresario e deputado republicano. Miñones foi fusilado poucos meses despois da sublevación militar e o novo réxime apropiouse das súas empresas, como aconteceu con tantas persoas represaliadas pola ditadura. Electra Popular Coruñesa foi adxudicada polos órganos do franquismo a Barrié de la Maza. Este fusionouna coas sociedades que controlaba para constituír Fenosa.[2]
A fidelidade do fundador ao réxime de Franco foi premiado polo xeneral Franco a Barrié, que foi nomeado en 1955 Conde de Fenosa, o único caso dun título dado para homenaxear un empresario.[3][4]
Concedido o monopolio polo réxime, permitiu o desenvolvemento da empresa en todo o país ao longo de 1960 e 1970, culminando na súa fusión coa Unión Eléctrica Madrileña en 1983 para formar a poderosa Unión Eléctrica Fenosa.[5]
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.