From Wikipedia, the free encyclopedia
Howard G. "Ward" Cunningham, nado en Michigan City o 26 de maio de 1949,[1] é un programador estadounidense que desenvolveu a primeira wiki e foi coautor do "Manifesto for Agile Software Development"[2] Pioneiro no padrón de deseño e da programación extrema, comezou a codificar a WikiWikiWeb en 1994, e instalouna na páxina web da consultoría de software que creou coa súa esposa, Karen,[3] Cunningham & Cunningham (coñecida habitualmente polo seu nome de dominio, c2.com), o 25 de marzo de 1995, como anexo ao Portland Pattern Repository. Escribiu un libro sobre wikis titulado The Wiki Way e inventou o Framework for Integrated Tests.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de maio de 1949 (75 anos) Michigan City, Estados Unidos de América (pt) |
Residencia | Portland |
Educación | Universidade de Purdue (pt) Highland High School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Enxeñaría de software |
Ocupación | programador, informático teórico, evangelista tecnológico (pt) |
Período de actividade | 1984 - |
Empregador | Microsoft (pt) (2003–2005) |
Páxina web | c2.com |
Cunningham foi un voceiro clave nos primeiros tres relatorios da serie de conferencias sobre a investigación e a práctica das wikis e tamén no Wikimedia Developer Summit 2017.[4]
Cunningham naceu en Michigan City, Indiana e criouse en Highland, Indiana, permanecendo alí durante o instituto.[5] Recibiu o seu grao en enxeñaría interdisciplinar (enxeñaría eléctrica e ciencias da computación) e o seu mestrado en ciencias da computación pola Universidade Purdue, en que se graduou en 1978.[6] Foi foundador de Cunningham & Cunningham, Inc. e tamén actuou como director de R&D en Wyatt Software e como enxeñeiro xefe en Tektronix Computer Research Laboratory. É o fundador de The Hillside Group e participou na conferencia Pattern Languages of Programming que patrocina. Cunningham formou parte da comunidade Smalltalk. Entre decembro de 2003 e outubro de 2005, traballou para Microsoft Corporation no grupo "Patterns & Practices". De outubro de 2005 a maio de 2007 tivo o posto de Director of Committer Community Development na Eclipse Foundation.
En maio de 2009, Cunningham uniuse a AboutUs como CTO.[7][8] O 24 de marzo de 2011, The Oregonian informou que Cunningham saíra de AboutUs para unirse a CitizenGlobal, unha startup con sede en Venice-Beach que traballa en contidos de vídeo.[9] Continúa como "aseso" de AboutUs.[10][11] Cunningham abandonou CitizenGlobal para ser programador en New Relic.[12]
Cunningham vive en Beaverton, Oregón.[12] Ten unha licenza Extra Class de radioafeccionado outorgada pola Federal Communications Commission, e o seu sinal de chamada é Kilo Nine Oscar X-ray, K9OX.[13][14][15][16]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.