futbolista español From Wikipedia, the free encyclopedia
Víctor García Raja, nado en Valencia o 1 de xaneiro de 1997, é un futbolista español que xoga de extremo e lateral dereito. Dende 2024 milita no Eldense, da Segunda División.
Víctor García | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Víctor García Raja | ||
Nacemento | 16 de setembro de 1997 | ||
Lugar de nacemento | Valencia | ||
Altura | 1,77 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | Eldense | ||
Carreira xuvenil | |||
Torre Levante | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2014–2018 | Torre Levante | 76 | (18) |
2018–2019 | Fabril | 36 | (7) |
2018 | Deportivo da Coruña | 0 | (0) |
2019–2020 | Valladolid Promesas | 26 | (4) |
2020– | Valladolid | 2 | (1) |
2020–2021 | → Sabadell (cedido) | 35 | (0) |
2021–2022 | → Deportivo da Coruña (cedido) | 14 | (0) |
2022–2024 | Alcorcón | 77 | (4) |
2024– | Eldense | 0 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 4 de novembro de 2023. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Natural de Xeraco e de posición extremo, formouse nas categorías inferiores do CF Torre Levante valenciano, no que xogou en categoría xuvenil co que debutou pronto na Terceira División, ademais de xogar na selección valenciana en categorías inferiores.
En 2018 asinou polo Fabril da Segunda División B, co que debutou no primeiro partido de liga da tempada 2018/19 contra o Internacional de Madrid, anotando os seus primeiros dous goles.[1] Pouco despois, o 12 de setembro de 2018, Natxo González fíxoo debutar co primeiro equipo do Deportivo da Coruña na Copa do Rei, no estadio de La Romareda contra o Real Zaragoza.[2]
O ano futbolístico rematou co descenso do Fabril a Terceira a pesar dos seus 7 goles marcados, e o xogador asinou co Real Valladolid para xogar no seu filial, o Valladolid Promesas, na Segunda División B. Disputou con este 27 partidos na tempada 2019/20, anotando catro goles.[3] O 7 de xullo de 2020 debutou co Real Valladolid en Primeira División nun partido contra o Valencia CF no estadio de Mestalla. Marcou un gol para empatar e colocar o 1-1 final no marcador.[4]
O 15 de agosto de 2020, o lateral chegou ao CE Sabadell da Segunda División, cedido por unha tempada polo Valladolid, club co que renovou ata 2023.[5] Disputou 35 partidos, 20 deles como titular, nunha tempada na que o equipo acabou perdendo a categoría.
No verán de 2021 regresou á Coruña, cedido ao Deportivo para xogar na nova Primeira División RFEF.[6] Debutou co Deportivo en liga na xornada 2, na vitoria por 0-1 fronte ao Tudelano no Ciudad de Tudela.[7] Foi titular durante case toda a primeira volta, ofrecendo un gran rendemento, pero unha lesión ósea cortou a súa progresión, polo que só puido disputar 15 encontros.[8] Ao remate da tempada rescindiu o seu contrato co Valladolid e asinou polo Alcorcón.[8]
No conxunto amarelo foi un fixo nas aliñacións de Fran Fernández, disputando un total de 41 partidos na súa primeira campaña, na que o equipo conseguiu o ascenso á Segunda División, despois de eliminar na promoción a Real Sociedad B e Castellón.[9] Na seguinte campaña disputou un total de 38 partidos, a maioría deles como titular, pero o equipo acabou descendendo. A comezos do verán deixou Alcorcón e fichou polo Eldense, tamén de Segunda.[10]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.