Vogal temática

From Wikipedia, the free encyclopedia

A vogal temática é un constituínte da flexión verbal que permite a clasificación dos verbos en conxugacións. Está situada entre a raíz verbal e o sufixo modo-temporal, se ben non tódalas formas do paradigma verbal teñen vogal temática, é o caso do presente de subxuntivo.

Así a todo, hai diverxencias en canto á consideración da entidade ou localización da vogal temática. Tres son as interpretacións que se fan da mesma:

  • a vogal temática é parte do radical,
  • a vogal temática é independente da raíz e do morfema modo-temporal
  • a vogal temática é parte do morfema de modo e tempo.

Na análise da flexión verbal do portugués, Mattoso Câmara segmenta catro constituíntes:

  • o radical (R), formado por un morfema lexical que pode levar morfemas derivacionais;
  • a vogal temática (VT), que amplía o radical e serve para clasificar morficamente os verbos;
  • o sufixo modotemporal (SMT), con amálgama das nocións gramaticais de modo e tempo;
  • o sufixo número-persoal (SNP), onde están amalgamadas as nocións de número e persoa do suxeito.

Os dous primeiros constituíntes forman o tema (T) e os outros o sufixo flexional (SF).

Na descrición sincrónica do verbo galego realizada por Antón Santamarina aplícase o método proposto por Mattoso Câmara, con idéntica segmentación e consideración da vogal temática verbo dos outros tres constituíntes. E o mesmo se fai na Gramática Galega[1].

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.