Presente de subxuntivo

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads
Remove ads

O presente de subxuntivo é un dos tempos verbais. Caracterízase por, ademais de non posuír vogal temática, ter un sufixo modo-temporal "e" para a primeira conxugación, e "a" para a segunda e terceira conxugacións.

O presente de subxuntivo é unha forma caracterizada polo modo. Temporalmente é presente ou prospectiva, nunca retrospectiva; habitualmente é referente. Cando existe no contexto outro elemento que indique modalidade (adverbio, conxunción,...), o trazo modal do subxuntivo é redundante. Nestes casos, o trazo modal de subxuntivo é redundante, polo que pode aparecer no seu lugar o indicativo u o futuro: Quizais vén hoxe ∼ Quizais virá hoxe ∼ Quizais veña hoxe.

Remove ads

Valores do Presente de subxuntivo

  • Un dos usos máis habituais é o de mandato, especialmente nas secuencias negativas, pois non é posible nestas o emprego do imperativo: Vinde / non veñades.
  • Hipótese: Posibelmente teñades razón
  • Dúbida: Quizais non chegue hoxe
  • Maldición: Mal raio o parta
  • Desexo ou rogo: Queira o ceo que non sexa así

Formas

andevarraparta
andesvarraspartas
andevarraparta
andemosvarramospartamos
andedesvarradespartades
andenvarranpartan
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads