Võ Nguyên Giáp, nado o 25 de agosto de 1911 en An Xa, provincia de Quảng Bình (Vietnam), e finado o 4 de outubro de 2013 en Hanoi, foi un militar vietnamita

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Infotaula de personaVõ Nguyên Giáp
Thumb
Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(vi) Võ Giáp Editar o valor en Wikidata
25 de agosto de 1911 Editar o valor en Wikidata
Lộc Thủy, Vietnam (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte4 de outubro de 2013 Editar o valor en Wikidata (102 anos)
Hanoi, Vietnam Editar o valor en Wikidata
Minister of Defence (en) Traducir
1 de xullo de 1948 – 7 de febreiro de 1980
 Quang Bửu Tạ (en) TraducirVăn Tiến Dũng (pt) Traducir 
Minister of Defence (en) Traducir
3 de novembro de 1946 – 1 de agosto de 1947
 Phan Anh (en) TraducirQuang Bửu Tạ (en) Traducir 
Membro da Asemblea Nacional de Vietnam
2 de marzo de 1946 – 16 de xuño de 1987
Commander in Chief of the Vietnam People's Army (en) Traducir
1946 – 1975
 sen valor – Supresión do cargo
Secretary of the Central Military Commission of the Communist Party of Vietnam (en) Traducir
1946 – 1977
 sen valor – Lê Duẩn (pt) Traducir  Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeVietnam Editar o valor en Wikidata
RelixiónIrrelixión Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Nacional de Hanói (pt) Traducir
Lycée Albert Sarraut (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar , escritor , xornalista , político , estadista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1944 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorOffice of Strategic Services (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista de Vietnam (1931–)
Tân Việt Revolutionary Party (en) Traducir (1924–) Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua vietnamita e lingua francesa Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarViet Minh e Exército do Povo do Vietnã (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Rango militarfour-star rank (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Comandante de (OBSOLETO)Exército do Povo do Vietnã (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ConflitoSegunda guerra mundial, Batalla de Dien Bien Phu, Ofensiva do Tet (pt) Traducir, Easter Offensive (en) Traducir, Guerra de Indochina e Guerra do Vietnam Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeĐặng Bích Hà (1946–valor descoñecido)
Nguyễn Thị Quang Thái (1939–1944)
PaiVõ Quang Nghiêm (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura
Thumb Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0900721 BNE: XX1484833 Musicbrainz: 0fb0bd98-e926-4516-909c-4d29960f2c5c WikiTree: Võ-27 Editar o valor en Wikidata
Pechar

Traxectoria

Era fillo dun mandarín de segunda clase, e fixo estudos de Dereito e Historia en Hue. Foi militante comunista desde os anos 30 do século XX. En setembro do 1939, logo da prohibición do Partido Comunista, Giáp trasladouse á China, onde coñeceu a Hô Chi Minh, con quen creou o Viet Minh na conferencia de Chingsi, en maio de 1941. A finais dese ano Giáp marchou ás montañas do Vietnam para formar os primeiros grupos guerrilleiros.

Dirixente militar do Vietminh, en decembro de 1944 capturou un punto militar francés, logo de ter formado os primeiros batallóns das súas forzas armadas. Iniciada a Guerra de Indochina en decembro de 1946, logo do bombardeo de Haiphon por parte de Francia, retirouse cara á China, ata que en outubro de 1950 ocupou a zona montañosa fronteiriza. A partir de entón, a guerrilla difúndese por Vietnam e Laos. Mais Giáp sempre considerou que só a formación dun auténtico exército podería derrotar os colonialistas.

A fins de 1953 Giáp aceptou o reto francés dunha batalla definitiva: a Dien Bien Phu, na que, despois de varias semanas de combate, as tropas vietnamitas saíron vencedoras o día 7 de maio de 1954. O que se consideraba imposíbel, a vitoria de colonizados sobre un exército occidental en campo aberto, fora logrado.

Logo da conferencia de Xenebra, Suíza, que recoñecía a independencia das colonias francesas en Indochina, Giáp pasou a ser ministro de defensa de Vietnam do Norte. Simultaneamente, dirixiu as operacións no Sur contra o exército dos norteamericanos e os seus aliados. Logrou converter o fracaso da ofensiva de 1968 nun éxito político, ao demostrar aos estadounidenses que enfrontaban unha guerra inacabable.

Despois do fracaso da ofensiva da Pascua de 1972 foi cesado temporalmente do mando das operacións, pero conservou a cadeira de ministro de defensa. Entre 1976 e 1991 ostentou o cargo de viceprimeiro ministro.

Recoñecido como un dos maiores estrategos do século XX, consideraba que a base do poder militar residía no apoio dos campesiños e a táctica da "guerra prolongada".

Véxase tamén

Ligazóns externas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.