Vladimir
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Vladimir (en ruso: Владимир) é unha cidade de Rusia, capital do óblast homónimo. Encóntrase á beira do río Kliazma, a 200 km ao leste de Moscova. En 2010 tiña unha poboación de 345.373 habitantes. Dúas das súas catedrais son Patrimonio da Humanidade. Durante a segunda guerra mundial, o seu aeroporto foi a sede da base aérea de Dobrinskoie.
Владимир (ru) | ||||
Alcume | Вторая столица Руси, Вторая столица Святой Руси e Вторая столица Древней Руси | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
Estado | Rusia | |||
Óblasts | Oblast de Vladimir (pt) | |||
Urban okrug in Russia (en) | Municipal Formation of the City of Vladimir (en) | |||
Capital de | Principado de Vladímir-Súzdal (1157–1389) Vladimir Province (en) (1719–1775 (Xuliano)) Vladimir Province (en) (1719–1775) Vladimir Viceroyalty (en) (1778 (Xuliano)–1796 (Xuliano)) Vladimirsky Uyezd (en) (1778 (Xuliano)–1929) Vladimir Governorate (en) (1796 (Xuliano)–1929) Vladimir Okrug (en) (1929–1930) Q4113287 (1929–) Oblast de Vladimir (pt) (1944–) Municipal Formation of the City of Vladimir (en) (2004–) | |||
Contén a división administrativa | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 352.347 (2021) (2.828,05 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 124,59 km² | |||
Altitude | 150 m | |||
Creación | 990 | |||
Organización política | ||||
• Xefe do goberno | Olga Deeva (en) (2015–) | |||
Membro de | ||||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 600000 | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 4922 | |||
Identificador OKTMO | 17701000001 | |||
Identificador OKATO | 17401000000 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | Bari (2013–) | |||
Páxina web | vladimir-city.ru | |||
A zona leva habitada como mínimo 25.000 anos. A fundación da cidade adoita datarse en 1108. Porén, podería ser anterior, pois segundo as crónicas parece que foi visitada por Vladimiro I de Kíiv no ano 990.
Desde finais do século XII até os últimos anos do século XIV, o principado con capital na cidade foi un dos que sucederon á Rus de Kíiv como principal potencia eslava. Está considerado tradicionalmente como o berce da lingua e a nacionalidade rusas. o Principado de Vladimir evolucionaría gradualmente até transformarse no Principado de Moscova ou Gran Ducado de Moscova.
Durante o principio do século XIII a cidade tivo unha época de esplendor.[1]
En 1173, Vsévolov o Gran Niño foi elixido Gran Príncipe de Kíiv. Porén, non se interesou moito pola cidade e acabou por abandonala, para tentar recuperar as terras de Vladímir en contra do usurpador Iaropolk. Sucedeu ao seu irmán Miguel como soberano do principado de Vladímir, continuou a extensión das terras do estado durante o seu reinado, polo que se *autotiulo como "Gran Príncipe" en 1177. Vsévolov foi o primeiro en ostentar o título de Gran Príncipe de Vladímir, como sinal de ruptura co Gran Principado de Kíiv.[2]
A cidade de Vladímir e o principado na súa totalidade caeu en mans do pobo tártaro ás ordes de Batu Khan en 1238.
Vladímir, amais de ser considerada unha cidade turística, é sede de industrias eléctricas, químicas e alimentarias. Tamén hai instalacións militares de mísiles.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.