Principado de Vladímir-Súzdal
berce da lingua e a nacionalidade rusas From Wikipedia, the free encyclopedia
O Principado de Vladimir-Súzdal, Gran Ducado de Vladimir-Súzdal (en ruso: Влади́миро-Су́здальское кня́жество) ou Rus de Vladimir-Súzdal (Влади́мирско-Су́здальская Русь) foi un dos grandes principados que sucederon á Rus de Kíiv como principal potencia eslava desde finais do século XII até finais do século XIV. Considerado tradicionalmente como o berce da lingua e a nacionalidade rusas, Vladimir-Súzdal evolucionaría gradualmente até transformarse no Principado de Moscova ou Gran Ducado de Moscova.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2014.) |
Великое княжество Владимирское (ru) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Capital | Rostov (pt) Suzdal (pt) Vladimir | ||||
Poboación | |||||
Lingua oficial | antigo eslavo oriental língua eslava eclesiástica (pt) | ||||
Relixión | Cristianismo ortodoxo | ||||
Datos históricos | |||||
Creación | 1125 | ||||
Disolución | 1389 | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | feudal monarchy (en) monarquía | ||||
Inicios
A mediados do século XII a Rus de Kíiv desintegrouse en varios pequenos principados independentes. A parte sur da Rus, castigada por tribos nómades e debilitada polas constantes discordias internas entre os príncipes, pouco a pouco acabou perdendo a súa grandeza. Entón, o centro da vida política e económica trasladouse ao nordeste, á conca superior do río Volga.
O principado ocupou un vasto territorio no nordeste da Rus de Kíiv limitado, aproximadamente, polos ríos Volga, Oka e Dviná Setentrional. No século XI a capital local foi Rostov a Grande, e as principais cidades eran Súzdal, Iaroslavl e Belozersk. Nesta época, as terras entre o Oka e o Volga, tamén coñecidas como Rus Zalésskaya, quedaban na periferia da Rus de Kíiv. As súas terras, ricas desde o punto de vista agrícola, con numerosos ríos, regatos e arroios, bosques e prados, só comezaba a poboarse. Ningún dos príncipes de Kíiv se interesaban por elas.
Vladimir II Monómaco, ao asegurar os seus dereitos ao principado en 1093, trasladou a capital de Rostov a Súzdal. Quince anos máis tarde (1108), fortaleceu e reconstruíu a cidade de Vladimir, na marxe abrupta do río Kliazma, a 31 km ao sur de Súzdal.
Á morte do príncipe, en 1125, esta terra separárase da Rus do Sur, e o seu fillo Iuri Dolgoruki convértese no seu primeiro príncipe. Trasladou a sede do principado a Vladimir en 1157. Os boiardos de Rostov e Súzdal, porén, eran remisos a perderen a supremacía, e houbo unha breve guerra civil. É a época en que se produciu a activa colonización das tierras nororientais, nas que o novo príncipe tivo gran participación, construíndo cidades, igrexas e mosteiros.
Porén, o príncipe non perdía as esperanzas de ocupar o trono de Kíiv e mantiña constantes guerras polo gran principado. Nunha destas batallas Iuri Dolgoruki logrou ocupar Moscova (1147), daquela unha aldea que pertencía ao boiardo Stepán Kuchka. En 1156, en Moscova, por orde de Iuri, constrúese unha fortificación de madeira e un foxo ao seu redor.
A mediados do século XII, cando as terras meridionais da Rus foron sistematicamente asaltadas por nómades túrquicos, a súa poboación comezou a emigrar cara ao norte. No que anteriormente eran zonas boscosas, coñecidas como Zalesye (é dicir, Transbosquia), establecéronse numerosos asentamentos novos.
A fundación de Pereslavl, Kostromá, Dmítrov, Moscova, Iúriev-Polski, Úglich e Tver atribuíuse (polos cronistas ou a lenda popular) a Iuri Dolgoruki. As principais cidades do principado de Súzdal eran, nesta época, Rostov, Iaroslavl, Súzdal, Vladimir, Tver, Nizhnii Novgorod e Moscova.
En 1155 o príncipe Iuri alcanza a súa meta e convértese no gran príncipe de Kíiv, pero dous anos máis tarde foi envelenado polos boiardos desta cidade.
Desenvolvemento do principado
André Bogoliubski chamado André o Pío, ou Piadoso, fillo de Iuri Dolgoruki, fora enviado polo seu pai ao norte e invitado polos boiardos do lugar a gobernar estes territorios. É a André a quen debe outorgarse o mérito de levar o principado de Vladimir ao seu cénit do poder político. André foi un gobernante singularmente dotado, que tratou con desdén os antigos centros de poder como Kíiv. Despois de queimar Kíiv en 1169, rexeitou aceptar o trono desta cidade e, en lugar diso, entronizou ao seu irmán máis novo, Gleb de Kíiv. A súa capital de Vladimir foi para el unha preocupación moito maior, embelecéndoa con igrexas e mosteiros de pedra branca. André foi asasinado polos boiardos na súa residencia suburbá de Bogolyúbovo en 1174.
Despois dun breve interregno, o irmán de André, Vsévolod III asegurou o trono. Continuou a maior parte das políticas do seu irmán, e de novo someteu Kíiv en 1203. Os principais inimigos de Vsévolod, porén, foron o meridional Principado de Riazán que, segundo parece, suscitou discordias dentro da familia principesca, e o poderoso estado túrquico da Bulgaria do Volga, que limitaba con Vladimir-Súzdal polo leste. Despois de varias campañas militares, Riazán ardeu até os alicerces, e os búlgaros víronse obrigados a pagar tributo.
A morte de Vsévolod en 1212 provocou un serio conflito dinástico. O seu fillo máis vello, Constantino, obtivo o apoio dos poderosos boiardos de Rostov, e Mstislav o Calvo de Kíiv, expulsou o herdeiro lexítmo, o seu irmán Iuri, de Vladimir a Rostov. Só seis anos despois, á morte de Constantino, logrou Iuri regresar á capital. Iuri foi un desapiadado gobernante que derrotou decisivamente a Bulgaria do Volga e instalou o seu irmán Iaroslav en Nóvgorod. O seu reinado, porén, acabou en catástrofe, cando as hordas mongois ás ordes de Batu Khan tomaron e queimaron Vladimir en 1238. Despois os mongois devastaron outras das principais cidades de Vladimir-Súzdal durante a invasión mongol de Rusia.
Xugo mongol
Nin Vladimir nin ningunha das cidades máis antigas lograron recuperarse tras a invasión mongol. O principado axiña se desintegrou en once pequenos principados: Moscova, Tver, Pereslavl, Rostov, Yaroslavl, Úglich, Belozersk, Kostromá, Nizhnii Novgorod, Starodub del Klyazma e Yúriev-Polski. Todos eles recoñeceron nominalmente a soberanía do Gran Príncipe de Vladimir, quen era nomeado polo propio Gran Khan. Incluso o popular Alexandre Nevski de Pereslavl tivo que acudir á capital do Gran Khan en Karakorum para ser instalado como Gran Príncipe en Vladimir.
A finais do século, só tres cidades, Moscova, Tver e Nizhnii Novgorod, aínda loitaban polo título de Gran Príncipe de Vladimir. Os seus gobernantes, unha vez instalados como grandes príncipes de Vladimir, nin sequera se preocupaban en deixar a súa capital respectiva e establecerse permanentemente en Vladimir.
E cando o metropolita Pedro (Metropolita de Kíiv e Toda a Rusia) trasladou a súa sede de Vladimir a Moscova en 1325, quedou claro que o Gran Ducado de Moscova sucedera con éxito a Vladimir como centro principal do poder na Rus nororiental.
Grandes príncipes de Vladimir-Súzdal
- 1168 - 1174 André Bogolyubsky, primeiro gran príncipe de Vladímir, fillo de Iuri Dolgoruki
- 1174 - 1176 Miguel de Vladímir, fillo de Iuri Dolgoruki
- 1176 - 1212 Vsévolod III, o Gran Niño, 11º fillo de Iuri Dolgoruki
- 1212 - 1216 Iuri II, terceiro fillo de Vsévolod o Gran Niño
- 1216 - 1218 Constantino I, fillo máis vello de Vsévolod o Gran Niño
- 1218 - 1238 Iuri II, restaurado
- 1238 - 1246 Yaroslav II, cuarto fillo de Vsévolod o Gran Niño
- 1246 - 1249 Sviatoslav III, sexto fillo de Vsévolod o Gran Niño
- 1249 - 1252 André II, terceiro fillo de Yaroslav II
- 1252 - 1263 Alexandre Nevski, cuarto fillo de Yaroslav II
- 1264 - 1271 Yaroslav III, fillo de Yaroslav II
- 1272 - 1277 Basilio de Kostromá, fillo máis novo de Yaroslav II
- 1277 - 1294 Dmitri de Pereslavl, segundo fillo de Alexandre Nevski
- 1294 - 1304 André de Gorodéts, fillo de Alexandre Nevski
- 1304 - 1318 Mikhail de Tver, segundo fillo de Yaroslav III
- 1318 - 1322 Iuri de Moscova
- 1322 - 1326 Dmitri de Tver
- 1326 - 1327 Aleksandr de Tver
- 1328 - 1341 Iván I de Moscova (Iván Kalitá)
- 1341 - 1353 Simeón de Moscova (Simeón o Orgulloso)
- 1353 - 1359 Iván II de Moscova (Iván o Bo)
- 1359 - 1362 Dmitri de Súzdal
Véxase tamén
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Outros artigos
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.