escritor portugués From Wikipedia, the free encyclopedia
Vitorino Nemésio Mendes Piñeiro da Silva, nado na Praia da Vitoria (Azores) o 19 de decembro de 1901 e finado en Lisboa o 20 de febreiro de 1978, foi escritor portugués: poeta, novelista, cronista, académico e intelectual dos Azores que se destacou como autor de Mao Tempo no Canal, e profesor da Facultade de Letras da Universidade de Lisboa.[1]
Nome orixinal | (pt) Vitorino Nemésio Mendes Pinheiro da Silva |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 19 de decembro de 1901 Praia da Vitória, Portugal (pt) |
Morte | 20 de febreiro de 1978 (76 anos) Lisboa, Portugal |
Lugar de sepultura | Lisboa |
Educación | Faculdade de Direito da Universidade de Coimbra (pt) Universidade de Lisboa |
Actividade | |
Ocupación | poeta, xornalista, escritor |
Empregador | Universidade de Lisboa |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Fillo de Vitorino Gomes da Silva e de Maria da Gloria Mendes Piñeiro, na infancia a vida non lle correu ben en termos de éxito escolar, unha vez que foi expulsado do Instituto de Angra, e suspendeu o 5.º ano, feito que o levou a sentirse incomprendido polos profesores.[2] Do período do Instituto de Angra, só gardou boas lembranzas de Manuel António Ferreira Deusdado, profesor de Historia, que o introduciu na vida das Letras.
Con 16 anos de idade, Nemésio desembarcou por primeira vez na cidade da Horta para se presentar aos exames, como alumno externo do Liceu Nacional da Horta. Acabou por concluír o Curso Geral dos Liceus, o 16 de xullo de 1918, coa cualificación de dez valores.
A súa estadía na Horta foi curta, de maio a agosto de 1918. O 13 de agosto o xornal O Telégrafo daba noticia de que Nemésio, a pesar de ser un fedello, un ano antes de chegar á Horta, enviara un exemplar de Canto Matinal, o seu primeiro libro de poesía (publicado en 1916), ao director do Telégrafo, Manuel Emídio.
A pesar da tenra idade, Nemésio chegou á Horta xa imbuído dalgúns ideais republicanos, pois en Angra do Heroísmo xa participara en reunións literarias, republicanas e anarco-sindicalistas, sendo influenciado polo seu amigo Jaime Brasil, cinco anos máis vello (primeiro mentor intelectual que o marcou para sempre) e por outras persoas tal como Luís da Silva Ribeiro, avogado, e Gervásio Lima, escritor e bibliotecario.
En 1918, ao final da primeira guerra mundial, a Horta posuía un intenso comercio marítimo e unha impresionante animación nocturna, unha vez que se constituía en porto de escala obrigatoria, local de reabastecemento de frotas e de repouso de mariñeiros. Na Horta estaban instaladas as compañías dos Cabos Telegráficos Submarinos, que convertían a cidade nun "nó de comunicacións" mundiais. Ese ambiente cosmopolita contribuíu, decisivamente, para que el viñese máis tarde a escribir a obra mítica titulada Mao Tempo no Canal, traballada desde 1939 e publicada en 1944, cuxa acción decorre nas catro principais illas do grupo central azoriano: Faial, Pico, San Jorge e Terceira, ademais o núcleo da intriga desenvólvese na Horta.
Esta novela evoca un período (1917-1919) que coincide en parte coa súa permanencia na illa do Faial e nel aparecen persoas tales como o José Machado de Serpa, senador da República e estudoso, o padre Nunes da Rosa, contista e profesor do Instituto da Horta, e Osório Goulart, poeta.
En 1919 iniciou o servizo militar, como voluntario na arma de Infantaría, o que lle proporcionou a primeira viaxe para fóra do arquipélago. Concluíu a secundaria en Coímbra en 1921 e inscríbese na Facultade de Dereito da Universidade de Coímbra. Tres anos máis tarde, Nemésio trocou esa carreira pola de Ciencias Histórico Filosóficas, da Facultade de Letras de Coímbra e en 1925 matriculouse no curso de Filoloxía Románica da mesma Facultade.
Na primeira viaxe que fai a España, co Orfeão Académico, en 1923, coñece a Miguel de Unamuno,[3] escritor e filósofo español (1864-1936), intelectual republicano, e teórico do humanismo revolucionario antifranquista, con quen trocará correspondencia anos máis tarde.
O 12 de febreiro de 1926 casou en Coímbra con Gabriela Monjardino de Azevedo Gomes, de quen tivo catro fillos: Georgina (novembro de 1926), Jorge (abril de 1929), Manuel (xullo de 1930) e Ana Paula (decembro de 1931).
En 1930 trasladouse para a Facultade de Letras da Universidade de Lisboa[4] onde o ano seguinte concluíu Filoloxía Románica con altas cualificacións, comezando axiña a ensinar literatura italiana.[5] A partir de 1931 deu inicio á carreira académica na Facultade de Letras da Universidade de Lisboa, onde explicou Literatura Italiana e, máis tarde, Literatura Española.
En 1934 doutorouse en Letras pola Universidade de Lisboa coa tese A Mocidade de Herculano até à Volta do Exilio. Entre 1937 e 1939 foi docenta na Vrije Universiteit Brussel,[6] regresando, este último ano, ao ensino na Facultade de Letras de Lisboa.
En 1958 foi docente no Brasil. O 19 de xullo de 1961 foi feito Grande-Oficial da Orde do Infante D. Henrique e, o 17 de abril de 1967. O 30 de agosto de 1978 recibiu a Grã-Cruz da Orde Militar de Sant'Iago da Espada, a título póstumo[7]. O 12 de setembro de 1971, atinxido polo límite legal de idade para o exercicio de funcións públicas, ditou a súa última lección na Facultade de Letras da Universidade de Lisboa, onde ensinara durante case catro décadas, pasando a ser Catedrático Xubilado.
Foi autor e presentador do programa televisivo Se bem me lembro,[8] que contribuíu para popularizar a súa figura e dirixiu aínda o xornal O Dia entre o 11 de decembro de 1975 e o 25 de outubro de 1976.
Foi un dos grandes escritores portugueses do século XX, recibindo en 1965, o Premio Nacional de Literatura e, en 1974, o Premio Montaigne, premio que levaría tamén en 1981 Miguel Torga.[9]
Faleceu o 20 de febreiro de 1978, en Lisboa, no Hospital da CUF, e foi sepultado en Coímbra. Pouco antes de morrer, pediulle ao fillo ser sepultado no cemiterio de Santo António dos Olivais, en Coímbra. E aínda pediu máis: que as campás tocasen o Aleluia en vez do toque a morto. A súa petición foi respectada.
En 1978, o Concello de Lisboa homenaxeou o escritor dándolle o seu nome a unha rúa na zona da Quinta de Santa Clara, na Ameixoeira.[10] Na Ilha Tereceira hai unha Escola Secundária Vitorino Nemésio.[11]
Eternamente ligado ao Concello de Penacova (preto de Coímbra), Nemésio, que foi Presidente da Associação Portuguesa dos Amigos dos Moinhos, era alí propietario de tres muíños. Na súa homenaxe a Câmara Municipal de Penacova criou, na Portela de Oliveira, o Museu do Moinho Vitorino Nemésio.[12]
Vitorino Nemésio foi narrador, poeta, cronista, ensaísta, biógrafo, historiador da literatura e da cultura, xornalista, investigador, epistológrafo, filólogo e comunicador televisivo, para alén de toda a actividade de docencia. O seu nome consta da lista de colaboradores da Revista dos Centenarios[13] publicada por mor da Exposição do Mundo Português e nas revistas, Panorama (1941-1949) Conímbriga de 1923, Renovação (1925-1926), Atlântico e Litoral (1944-1945).
Levou a cabo, na súa obra, unha transformación das tendencias da Presença (que de certa forma precedeu), que garantiu a eternidade dos seus textos. Fortemente marcado polas raíces insulares, a vida azoriana e as lembranzas da súa infancia percorren a obra do escritor, nunha especie de chamamento, revelado pola tenrura da súa inspiración popular, pola presenza das cousas simples e das xentes, e pola profunda humanidade fronte á existencia e ao sufrimento da vida humana.
Obras completas de Vitorino Nemésio publicadas a partir de 2018
A Companhia das Ilhas en colaboración Imprensa Nacional-Casa da Moeda comezaron en 2018 a publicación das Obras Completas de Vitorino Nemésio. Os libros publicáronse a partir de 2018, distribuídos en 16 volumes.[14]
Nemésio é sobre todo un poeta, tal como el propio o afirma, unha vez que escribir poesía foi unha actividade ininterrompida mantida desde 1916 (co Canto Matinal) até 1976 (Era do Átomo Crise do Homem).
Na opinión de Óscar Lopes, falando respecto á poesía nemesiana, el dinos que os volumes de versos se poden agrupar en dous ciclos distintos e que se intersectam na obra Nem toda a Noite a Vida que é o máis heteroxéneo de todos. No primeiro ciclo a temática está relacionada coa insularidade, coa saudade á illa, á infancia, á adolescencia, ao pai e ao seu primeiro amor prohibido. Toda esta temática está ben visíbel en O Bicho Harmonioso e en Eu, Comovido a Oeste.
No segundo ciclo xa se nota unha transmutación de temas, enveredando para unha temática relixiosa e metafísica. Coloca cuestións acerca da vida e da morte, do ser (devir e permanencia do ser), e da busca de sentido para a existencia. Por iso o poeta é identificado coa corrente filosófica existencialista. A par desta poesía erudita o poeta cultiva tamén unha poesía popular profundamente marcada por símbolos de azorianidade, polo que moitas veces é acusado de rexionalismo literario na súa obra.
Os fragmentos de inspiración azoriana son bastante significativos na súa obra notándose a presenza de lembranzas infantís, e amores, dores e agoiros de figuras de humildes que nestas páxinas fican vivindo, baixo a obsesión circundante do mar, na opinión de Afonso Lopes Vieira. A súa experiencia de persoa das illas encóntrase presente na súa obra en xeral, cuxa vida no dominio da ficción se inicia en 1924 coa publicación do volume de contos Paço do Milhafre prologado por Afonso Lopes Vieira, e máis tarde rebautizado co título O Mistério do Paço do Milhafre, sendo publicado en 1949.
Vitorino Nemésio ao longo de toda a súa carreira literaria nunca deixou de sorprender aos demais. O escritor conseguiu transmitir nas súas novelas unha correcta orixinalidade da escrita, sobre todo na descrición dos lugares e no deseño das personaxes, e até dar unha correcta xenerosidade humana que se pode presenciar en Varanda de Pilatos (obra publicada en 1927) e no volume de A Casa Pechada, constituída por tres historias: O Tubarão, Negócio de Pomba e A Casa Fechada. En relación a esta última historia, a crítica foi bastante positiva e unánime, sendo considerada unha obra excepcional.
Con todo houbo unha novela, máis complexa, variada, densa e sutil que é Mau Tempo no Canal, obra incomparábel na literatura portuguesa do século XX. Esta novela fora xa "ensaiada" en Negócio de Pomba, isto é, esta posúe moitos aspectos que irán ser tratados a posteriori naquela novela.
Despois de ter escrito Mau Tempo no Canal, pódese afirmar que Vitorino Nemésio nunca máis volveu aos trillos da novela.[15] El mesmo afirma nun inédito do seu espolio Morro autor de um romance único. Mau Tempo no Canal corresponde ao momento máis alto da súa vasta produción literaria e é unha das obras-primas da literatura portuguesa.[16] Mau tempo no canal é tamén unha serie da RTP de 1992,[17] adaptada da novela.[18]
Publicou ensaios sobre temas diversos, como temas portugueses e brasileiros, un ensaio sobre Gil Vicente e tamén crítica de poesía. Tamén escribiu obras de natureza biográfica: xa no seu doutoramento tratou a vida de Alexandre Herculano. Escribiu igualmente unha biografía de Sabela de Aragón, a Raíña Santa.
Escribiu crónicas das viaxes que fixo ao Brasil, aos Azores e á Madeira
A par da súa actividade literaria e de docencia, Vitorino Nemésio daba conferencias (foi nunha das viaxes á España para dar unha conferencia que acabou por coñecer persoalmente a Miguel de Unamuno), colaboraba coa RTP (Se Ben Me Lembro), ben como en varias revistas e xornais (Seara Nova, Presença, O Diabo e Diário Popular), fundou e dirixiu en conxunto con outros xornais e revistas Gente Nova), foi redactor de xornais e en 1975-1976 asumiu a dirección do xornal O Dia,[19] no fin da súa carreira profesional.
Traballou tamén como tradutor. Traduciu, a partir do francés, La Seconde Chance, de Constantin Virgil Gheorghiu, publicado pola Livraria Bertrand co título A Única Saída.
O concepto de "açorianidade" foi definido por Nemésio en 1932 e, desde entón, foi amplamente divulgado en contextos ben diferenciados, desde estudos de ámbito literario a intervencións de orde política. Aquel ano, co gallo do V Centenario do Descubrimento dos Azores, afirmou:
Posteriormente, en 1975, en catro novos textos publicados no Diário Insular, o mesmo foi retomado e afondado. É o propio Nemésio que recorda:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.