Vitiza
Rei visigodo de Galiza, España e Septimania From Wikipedia, the free encyclopedia
Vitiza[1][2][3] ou Witiza[4] foi rei de Galiza entre o ano 694 e o 710, e ademais de Hispania e Septimania dende o ano 702. Convocou o XVIII concilio de Toledo. Tratou de atraer á nobreza e aos xudeus.[5] Foi un dos últimos reis visigodos, sucedido por Don Rodrigo e precedido polo seu pai Éxica.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Vitiza (homónimos).
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 686 |
Morte | 710 (23/24 anos) Toledo, España |
Rei dos visigodos | |
700 – 710 ← Éxica – Rodrigo → | |
Rei dos suevos | |
694 – 710 | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Outro | |
Título | Rei |
Fillos | Ardabasto, Olmund, Akhila II |
Pai | Éxica |
Irmáns | Opas |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie |
![]() |
Traxectoria

Foi nomeado rei de Galicia polo seu pai,[6] quen mantivo o goberno do reino dos visigodos en tanto que o fillo rexía o dos suevos[7]. Vitiza, estableceu a corte real en Tui[8][9], e foi un gobernante máis suave có seu pai e incluso convidou ós nobres desterrados a volver ao reino, devolvéndolles as súas posesións. Antes da súa morte asociou o seu trono ó seu fillo, Akhila II, mentres que outros nobres tomaron partido por Roderik, Rodrigo, que finalmente accedería ó trono non sen oposición dos chamados vitizianos, que un ano despois, no 711, abrirían as portas da Península ós musulmáns, pondo punto e remate ó reino visigodo.

Nas crónicas do rei Afonso III, xa no século IX, dise que Vitiza rexía Galiza desde Tui, de xeito que o seu pai Éxica gobernaba o reino dos godos e o fillo o dos suevos.[7]
Uitizanem, quern rex in uita sua in regno participem fecit et eum in Tudensem ciuitatem auitare precepit, ut pater teneret regnum Gotorum et filius Sueuorum. Qui ante filii electionem regnauit annis X et cum filio a. V. (CHRONICA ROTENSIS, 4)
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.