Cardeal católico lituano From Wikipedia, the free encyclopedia
Vincentas Sladkevičius, nado o 20 de agosto de 1920 en Žasliai e finado o 28 de maio de 2000 en Kaunas, foi un eclesiástico católico latino lituano, arcebispo de Kaunas entre 1989 e 1996, e cardeal dende 1988.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de agosto de 1920 Žasliai, Lituania |
Morte | 28 de maio de 2000 (79 anos) Kaunas, Lituania |
Lugar de sepultura | Kaunas |
Roman Catholic Archbishop of Kaunas (en) | |
10 de marzo de 1989 – 4 de maio de 1996 ← Juozapas Skvireckas (en) – Sigitas Tamkevicius (pt) → Diocese: Arquidiocese de Kaunas (pt) | |
Cardeal | |
28 de xuño de 1988 – | |
Administrador apostólico | |
15 de xullo de 1982 – Diocese: Roman Catholic Diocese of Kaišiadorys (en) | |
Bispo auxiliar | |
14 de novembro de 1957 – Diocese: Roman Catholic Diocese of Kaišiadorys (en) | |
Bispo titular | |
14 de novembro de 1957 – Diocese: Diocese de Abora (pt) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade Vytautas Magnus (pt) Kaunas Jesuit Gymnasium (en) |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1957–), sacerdote católico (1944–) |
Consagración | Teofil Matulionis |
Descrito pola fonte | Biographical Dictionary of Central and Eastern Europe in the Twentieth Century (en) |
Vincentas Sladkevičius naceu en Žasliai (Kaišiadorys) o 20 de agosto de 1920,[1] sendo o menor dos cinco fillos que tiveron Mykolas Sladkevičius e a súa dona Uršule Kavaliauskaite (os outros foron Ona, Emilija, Jonas e Marija). Logo de estudar no seminario de Kaunas e na Facultade de Teoloxía da Universidade Vytautas Magnus, foi ordenado sacerdote o 25 de marzo de 1944.[1] A continuación, exerceu o seu ministerio pastoral en Kaišiadorys até 1959, ademais de exercer de profesor e director de estudos no seminario de Kaunas.
O 14 de novembro de 1957 Sladkevičius foi nomeado bispo auxiliar sedi datus de Kaišiadorys e bispo titular de Abora.[1] Recibiu a súa consagración episcopal no seguinte 25 de decembro de mans do bispo Teofilius Matulionis.[1] Porén, o goberno comunista do seu país impediulle exercer o seu ministerio, e pasou a residir en Nemunėlio Radviliskis baixo virtual arresto domiciliario entre 1963 e 1982.[1] En 1975 ingresou na Congregación dos Padres Marianos.[1] O 15 de xullo de 1982 foi nomeado administrador apostólico ad nutum Sanctae sedis de Kaišiadorys,[1] e converteuse en presidente da Conferencia Episcopal Lituana o 27 de abril de 1988.[1]
O papa Xoán Paulo II creouno cardeal no consistorio do 28 de xuño de 1988, co título de cardeal-presbítero de Spirito Santo alla Ferratella.[1] O mesmo papa nomeouno o 10 de marzo de 1989 arcebispo de Kaunas, permanecendo no cargo até a súa renuncia o 4 de maio de 1996.[1]
En 1998 foi condecorado coa Orde de Vytautas o Grande. Finou en Kaunas o 28 de maio de 2000, e está enterrado na catedral local.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.