Remove ads
pintor húngaro From Wikipedia, the free encyclopedia
Győző Vásárhelyi, (|ˈvaːʃaːrhɛji ˈɟøːzøː|), nado en Pécs o 9 de abril de 1906 e finado en París o 15 de marzo de 1997 foi un artista húngaro-francés coñecido como Victor Vasarely ([viktɔʁ vazaʁəli]), considerado o "avó" e líder do movemento op art.[1] A súa obra titulada Cebra, creada na década de 1930, está considerada un dos primeiros exemplos deste movemento.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (hu) Vásárhelyi Győző 9 de abril de 1906 Pécs, Hungría |
Morte | 15 de marzo de 1997 (90 anos) París () |
Causa da morte | cancro |
Residencia | Francia |
Educación | Universidade Eötvös Loránd - medicina (1925–) |
Actividade | |
Campo de traballo | Arte |
Lugar de traballo | París Budapest |
Ocupación | pintor, artista gráfico, gravador, deseñador, artista visual, escultor, ilustrador |
Xénero artístico | Arte abstracta e Arte cinética |
Movemento | Arte pop e Op art |
Representante | Artists Rights Society |
Participou en | |
27 de xuño de 1968 | Documenta 4 |
28 de xuño de 1964 | Documenta III (en) |
11 de xullo de 1959 | Documenta II (en) |
16 de xullo de 1955 | documenta (en) |
Familia | |
Fillos | Jean-Pierre Yvaral |
Premios | |
| |
Sitio web | pierrevasarely.com |
Vasarely naceu en Pécs e creceu en Pöstyén (actualmente Piešťany, Eslovaquia) e Budapest, onde comezou estudos de medicina en 1925 na Universidade Eötvös Loránd. En 1927, abandonou os estudous para aprender pintura académica tradicional na academia privada Podolini-Volkmann. En 1928 e 1929, entrou na escola de arte privada de Sándor Bortnyik chamada Műhely (literalmente, "obradoiro", que existiu ata 1938), entón recoñecida amplamente como o centro de estudos de Bauhaus en Budapest. Con poucos cartos, o Műhely non podía ofrecer todo o que ofrecía a Bauhaus e no seu lugar concentrábase nas artes gráficas aplicadas e no deseño tipográfico.
En 1929 pintou os seus Estudo azul e Estudo verde. En 1930, casou coa súa compañeira de estudos Claire Spinner (1908–1990). Xuntos tiveron dous fillos, Andre e Jean-Pierre. En Budapest, traballou para unha compañía de rodamentos deseñando carteis publicitarios. Vasarely converteuse en deseñador gráfico e cartelista durante a década de 1930 combinando modelos e imaxes orgánicas entre si.
Vasarely abandonou Hungría e estableceuse en París en 1930. Traballou como artista gráfico e axudante creativo nas axencias de publicidade Havas, Draeger e Devambez (1930–1935). As súas interaccións con outros artistas durante este tempo foron escasas. Pensou en abrir unha institución semellante ao Műhely de Sándor Bortnyik e desenvolveu material de ensino para ela. Tras vivir a maior parte da súa vida en hoteis baratos, estableceuse entre 1942 e 1944 en Saint-Céré (departamento de Lot). Trala segunda guerra mundial abriu un obradoiro en Arcueil, suburbio a uns dez quilómetros do centro de París en Val do Marne. en 1961, estableceuse definitivamente en Annet-sur-Marne (departamento de Sena e Marne).
En outubro de 1967, o deseñador Will Burtin invitou a Vasarely a facer a presentación da súa conferencia "Vision ’67", na Universidade de Nova York.
O 5 de xuño de 1970, inaugurouse o primeiro museo dedicado á súa obra con máis de 500 traballos nun palacio renacentista en Gordes (pechado en 1996). Un segundo gran proxecto foi a Foundation Vasarely en Aix-en-Provence, museo situado nunha estrutura deseñada especificamente por Vasarely. Ese mesmo ano o seu obxecto cinemático Georges Pompidou foi instalado no Centro Pompidou de París e creouse o museo Vasarely na súa localidade natal de Pécs cunha gran doazón de obras de Vasarely. Na mesma década, entou no deseño industrial cunha serie de cincocentas pezas exclusivas da vaixela Suomi de Timo Sarpaneva e que Vasarely decorou co fabricante alemán de porcelana Studio Linie.[2] En 1982, 154 serigrafías especiais foron levadas polo astronauta Jean-Loup Chrétien a bordo da nave franco-soviética Saliut 7 e logo foron vendidas e os beneficios foron para a UNESCO. En 1987, estableceuse o segundo museo Vasarely de Hungría, no palacio Zichy de Budapest con máis de 400 obras.
Faleceu o 15 de marzo de 1997 en París aos noventa anos de idade.
Vasarely seguiu a producir arte e escultura empregando ilusións ópticas. Nas seguintes tres décadas, Vasarely desenvolveu o seu estilo de arte abstracta xeométrica, traballando en varios materiais mais empregando un número mínimo de formas e cores:
En 2012 tivo lugar unha nova exposición sobre Vasarely en París, no museo en Herbe.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.