From Wikipedia, the free encyclopedia
A vicepresidencia da Xunta de Galicia é un antigo cargo político dentro do organigrama da Xunta e que a miúdo serviu como coordinación do traballo doutras consellerías. Ao longo da historia da Xunta de Galicia houbo gobernos que contaron cun vicepresidente, con dous vicepresidentes ou con ningún.
O vicepresidente é tamén o encargado de substituír o presidente nas súas funcións en caso de falecemento, dimisión ou viaxe ao estranxeiro, e ata a elección dun novo presidente, de ser o caso. De non existir vicepresidente, esas funcións recaen na persoa que ocupe o cargo de conselleira de Presidencia.
A vicepresidencia pode rer funcións políticas claramente definidas ou actuar como consellería sen carteira, na asistencia do cargo do presidente.
O primeiro vicepresidente da Xunta foi José Manuel Romay Beccaría, que aínda que se ocupou das tarefas relacionadas coas relacións coa administración estatal e coa Xustiza non tivo esa denominación. A partir de 1983 créanse dúas vicepresidencias, unha de perfil político, encabezada por Xosé Luís Barreiro Rivas e outra de perfil económico, encabezada por Carlos Mella, que á súa vez detentaban o cargo de conselleiros de áreas específicas. Este modelo mantívose durante uns poucos meses, ata que Mella dimite debido ás súas friccións con Barreiro, e este último queda como único vicepresidente coordinando a área política.
Logo da dimisión de Barreiro Rivas en 1986 pasa a ocupar o cargo de vicepresidente da Xunta Mariano Rajoy, pero sen levar aparellada a xestión dunha consellería. Logo da moción de censura presentada en 1987 por Fernando González Laxe (PSdeG), a vicepresidencia volve ser de novo de Barreiro Rivas, pero ten que dimitir como consecuencia dun proceso xudicial. Nin Barreiro nin o seu substituto Xavier Suárez-Vence xestionaron ademais outras consellerías.
Logo da vitoria de Manuel Fraga en 1989 desapareceu a figura do vicepresidente ata que foi recuperada quince anos máis tarde, en 2004 baixo a figura dunha dobre vicepresidencia, a de Alberto Núñez Feijóo como vicepresidente primeiro e a de Xosé Manuel Barreiro como vicepresidente segundo. Estas vicepresidencias presentáronse como unha preparación para a sucesión política de Fraga e non tiñan competencias específicas, fóra das que cada un deles, como conselleiros, xa tiña.
Tras a formación do goberno de coalición entre socialistas e nacionalistas en 2005, Anxo Quintana asumiu a vicepresidencia única, que levaba aparelladas as competencias de relacións institucionais e de Igualdade e Benestar. O vicepresidente encargábase ademais da coordinación da actividade das consellerías gobernadas polos nacionalistas.
Vicepresidente(s) | Mandato | Presidente | Consellerías asignadas |
---|---|---|---|
Xosé Manuel Romay Beccaría | 1982- 1983 | Xerardo Fernández Albor | |
Xosé Luís Barreiro Rivas Carlos Mella |
1983- 1984 | Presidencia Economía | |
Xosé Luís Barreiro Rivas | 1984- 1986 | Presidencia | |
Mariano Rajoy | 1986- 1987 | ||
Xosé Luís Barreiro Rivas | 1987- 1988 | Fernando González Laxe | |
Xavier Suárez-Vence | 1988- 1990 | ||
Alberto Núñez Feijóo Xosé Manuel Barreiro |
2004- 2005 | Manuel Fraga | Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda Medio Ambiente |
Anxo Quintana | 2005- 2009 | Emilio Pérez Touriño | Igualdade e o Benestar |
Alfonso Rueda | 2012- 2022 | Alberto Núñez Feijóo | Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza |
Francisco Conde López | 2022- 2023 | Alfonso Rueda | Consellaría de Economía, Industria e Innovación
Consellaría de Presidencia, Xustiza e Deportes |
Diego Calvo[1] | 2023- 2024 | Consellaría de Presidencia, Xustiza e Deportes | |
Ninguén[3][4] | 2024- | Alfonso Rueda |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.