ciclista galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Vicente López Carril, nado en Donas (Boqueixón)[1] o 2 de decembro de 1942 e finado en Xixón (Asturias) o 29 de marzo de 1980, foi un ciclista profesional galego.
Biografía | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 2 de decembro de 1942 Donas, España | ||||||||||||||||
Morte | 29 de marzo de 1980 (37 anos) Xixón, España | ||||||||||||||||
Causa da morte | derramo cerrebral | ||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||
Ocupación | ciclista | ||||||||||||||||
Deporte | ciclismo en ruta | ||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||
Vuelta a España | |||||||||||||||||
Tour de Francia | |||||||||||||||||
Viviu dende novo en Candás (Asturias). Tivo un irmán, Xesús López Carril, que tamén foi profesional.
Practicamente toda a súa carreira profesional como ciclista desenvolveuna no equipo vasco Kas, co que conseguiu os mellores éxitos. Nesa época foi gregario de José Manuel Fuente, 'Tarangu', nas grandes voltas por tiradas (Tour de Francia, Giro de Italia e Vuelta a España). Entre os seus títulos individuais destacan unha vitoria na Volta a Asturias, unha Volta aos Vales Mineiros e o campionato de España de ciclismo en estrada en 1974, pero sobre todo o terceiro posto acadado no Tour de 1974, edición que gañaría Eddy Merckx. Foi o galego que máis veces quedou entre os dez primeiros do Tour, ao facelo en cinco ocasións, e o que máis tiradas gañou, con tres.
Retirouse no ano 1979 no equipo Teka, co que disputou as súas dúas últimas tempadas.
Faleceu mentres xogaba ao fútbol na praia de San Llorienzu, en Xixón, a causa dun derramo cerebral.
Carreira | 1967 | 1968 | 1969 | 1970 | 1971 | 1972 | 1973 | 1974 | 1975 | 1976 | 1977 | 1978 | 1979 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Giro de Italia | 23º | - | - | - | 12º | 4º | - | 8º | - | - | 55º | - | - |
Tour de Francia | - | 23º | - | 34º | 10º | - | 9º | 3º | 5º | 10º | 23º | - | Ret |
Vuelta a España | 14º | 34º | 26º | 17º | - | 12º | 17º | - | 5º | - | 10º | 12º | - |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.