orientalista e numismática británica de orixe iraniana From Wikipedia, the free encyclopedia
Vesta Sarkhosh Curtis, nada en Teherán en 1951, é unha orientalista e numismática británica de orixe iraniana, vinculada ao Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1951 |
País de nacionalidade | Británica |
Educación | Universidade de Gotinga University College London. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática. |
Ocupación | conservadora |
Familia | |
Cónxuxe | John Curtis. |
Vesta Sarkhosh obtivo un mestrado en Arqueoloxía de Oriente Próximo e Linguas Antigas Iranianas na Universidade de Gotinga, e posteriormente acadou o seu doutoramento en Arte Parta no University College de Londres.[1][2]
Entre 1983 e 2003, Curtis foi editora conxunta do xornal Iran: Journal of the British Institute of Persian Studies. De 1998 a 2003 foi secretaria do Instituto Británico de Estudos Persas (BIPS) e entre 2006 e 2011 ocupou a presidencia dese instituto. No período 2005-2010 foi secretaria da Royal Numismatic Society.[1][2]
Vesta Sarkhosh Curtis ingresou no Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico en 1995, inicialmente como conservadora a tempo parcial de moeda sasánida, e a partir de 2005 pasou a ocupar o posto de conservadora de moedas de Oriente Medio nese departamento.[2][3]
Curtis desenvolveu un proxecto de colaboración co Museo Nacional de Irán sobre as moedas sasánidas de 224 a 651 d.C. Tamén é codirectora, xunto con Michael Alram, do proxecto internacional de moedas partas The Sylloge Nummorum Parthicorum (SNP) e coeditora da súa serie editorial.[1][4]
Curtis é membro do comité académico da Iran Heritage Foundation (IHF) e vicepresidenta do Instituto Británico de Estudos Persas.[1]
Está casada con John Curtis, director xeral da Fundación do Patrimonio de Irán e conservador do Museo Británico de Proxectos Especiais de Oriente Medio.[5]
Estes son os traballos monográficos máis salientables publicados por Vesta Sarkhosh Curtis ao longo da súa traxectoria:[6][7][8]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.