From Wikipedia, the free encyclopedia
Velvet é unha serie de televisión española producida por Atresmedia en colaboración con Bambú Producciones para a súa emisión en Antena 3. A súa estrea foi o 17 de febreiro de 2014. Está protagonizada por Paula Echevarría e Miguel Ángel Silvestre.
Formato | Romántica |
---|---|
Creado por | Ramón Campos Gema R. Neira |
Intérpretes | Paula Echevarría Miguel Ángel Silvestre Amaia Salamanca Adrián Lastra Diego Martín Marta Hazas Cecilia Freire José Sacristán Natalia Millán Manuela Vellés Aitana Sánchez Gijón Tito Valverde Javier Rey Manuela Velasco Sara Rivero Juan Ribó Miriam Giovanelli Maxi Iglesias Cristina Plazas Asier Etxeandia Llorenç González |
País de orixe | España |
Episodios | 28 |
Duración | 70 min. aprox. |
Canle de orixe | Antena 3 |
Primeiro episodio | 17 de febreiro de 2014 |
Derradeiro episodio | actualidade |
Na rede | |
http://www.antena3.com/series/velvet/ | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
Na España de 1958 hai un lugar ao que todo o mundo desexaría ir de compras polo menos unha vez na vida: as 'Galerías Velvet'. Situadas na Gran Vía madrileña, entre as súas paredes encóntranse os traxes máis elegantes, sofisticados e caros do momento, pero sobre todo escóndese unha das máis marabillosas historias de amor que se contase xamais: a de Ana (Paula Echevarría) e Alberto (Miguel Ángel Silvestre).
Ela, unha humilde costureira que traballa nas galerías dende que era nena. El, un novo e aposto rapaz destinado a herdar o maxestoso imperio da moda española que ata agora goberna o seu pai, don Rafael Márquez (Tito Valverde).
Entre finas teas e vestidos de alta costura que evocan unha vida marabillosa, ambos os dous están dispostos a romper coas normas da época e vivir o seu amor máis alá do que pensen os demais e dos que traten de impedilo. Non obstante, o destino non lles poñerá o camiño nada doado para poder vivir xuntos o seu amor verdadeiro, que se converterá debido ás circunstancias nun amor prohibido...
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.