actriz española From Wikipedia, the free encyclopedia
Paula Echevarría Colodrón, nada en Candás (Carreño) o 7 de agosto de 1977, é unha actriz e modelo asturiana.
(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Paula Echevarría Colodrón 7 de agosto de 1977 (47 anos) Candás, España |
Actividade | |
Ocupación | modelo, actriz |
Período de actividade | 2000 - |
Familia | |
Cónxuxe | David Bustamante (2006–2018) |
Parella | Miguel Torres Gómez (2018–) |
|
Os seus inicios na pequena pantalla danse en series tan populares como Al salir de clase, Policías, Compañeros ou London Street. Con todo, o papel que a deu a coñecer foi o de Clara Osma na serie de Telecinco, El Comisario, unha serie de gran popularidade e audiencia. Echevarría participou nesta serie durante tres anos, desde 2004. A actriz foi tamén unha das reporteiras do programa Emisión Imposible, emitido durante o verán do 2000 en Telecinco.
A súa fama incrementouse trala súa relación co famoso cantante español David Bustamante, con quen casou o 22 de xullo de 2006 na Basílica de Santa María a Real de Covadonga en Asturias, terra natal da actriz.
No cine traballou en películas como El chocolate del loro, de Ernesto Martín, Carmen de Vicente Aranda ou Rojo intenso de Javier Elorrieta. Tamén protagoniza Luz de domingo (2007) e Sangre de mayo (2008), ambas de José Luís Garci. As dúas películas obtiveron numerosas candidaturas aos Premios Goya da Academia de Cine de España.
No plano persoal, o 17 de agosto de 2008 Paula e o seu marido David Bustamante foron pais dunha pequena chamada Daniella.[1]
Paula Echevarría é na actualidade unha das protagonistas da exitosa serie Gran Reserva, unha das principais apostas de ficción de Televisión Española. Nela, Echevarría ten un papel principal, o de Lucía Reverte, e coincide con Ángela Molina e Emilio Gutiérrez Caba.
Paula compaxina o seu labor de actriz coa de presentadora de galas e imaxe de varias marcas publicitarias como Blanco, Pantene Style, Decleor, Vitalinea ou Nintendo e firmas internacionais como Intimissimi, North Sails ou Double Agent. Ademais, leva a cabo un exitoso blog de moda enmarcado dentro da web da revista Elle chamado "Tras la pista de Paula".[2]
No outono de 2012 a actriz estrea o seu primeiro filme de terror psicolóxico, Vulnerables do director Miguel Cruz.
Dende 2013 protagoniza a serie de Antena 3 Velvet xunto a Miguel Ángel Silvestre.
Ano | Película | Director | Personaxe |
---|---|---|---|
2002 | Peor imposible, ¿qué puede fallar? | José Semprún | |
2002 | Machín, toda una vida | Nuria Villazán | |
2003 | Carmen | Vicente Aranda | Marisol |
2004 | El chocolate del loro | Ernesto Martín | Patricia |
2005 | Las locuras de Don Quijote | Rafael Alcázar | Altisidora |
2006 | Rojo intenso | Javier Elorrieta | Ana |
2007 | Luz de domingo | José Luis Garci | Estrella |
2008 | Sangre de mayo | José Luis Garci | Inés |
2012 | Vulnerables | Miguel Cruz | Carla |
Ano | Obra | Director | Personaxe |
---|---|---|---|
2002 | Diez negritos | Ricard Reguant | Vera Claythorne |
Ano | Obra | Director | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|---|
2010 | A contracorriente | Micropunto Films | Ela mesma | Videoclip de David Bustamante |
2011 | El bizcocho | Lola Guerrero | - | Curtametraxe |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.