actriz española From Wikipedia, the free encyclopedia
María Isabel Ana Mantecón Vernalte, nada en Antequera (Málaga) o 11 de maio de 1953, é unha actriz española, coñecida como Kiti Mánver.[1] A súa traxectoria cinematográfica inclúe filmes dirixidos por Pedro Almodóvar, José Luis Garci e Álex de la Iglesia.[2] Tamén desenvolveu unha ampla traxectoria en producións para a televisión e no teatro.[3]
(2020) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María Isabel Ana Mantecón Vernalte 11 de maio de 1953 (71 anos) Antequera, España |
Actividade | |
Ocupación | actriz de televisión, actriz de cinema, actriz de teatro |
Período de actividade | 1970 - |
Membro de | |
Premios | |
| |
Páxina web | kitimanver.com |
|
Na sexta edición dos premios Goya, celebrada en 1992,[4] recibiu o premio á mellor actriz secundaria pola súa interpretación no filme dirixido por Enrique Urbizu Todo por la pasta.[5] En 2014 foi recoñecida co Premio Ceres[6] polo seu papel na obra Las heridas del viento de Juan Carlos Rubio.[7]
Mánver viviu en Málaga ata os trece anos, cando a súa familia se mudou a Madrid, aínda que mantivo o contacto co sur pola súa afección á actividade campesiña, que a relaxa. Comezou a traballar no cinema con dezasete anos, e, aínda que protagonizou o primeiro espido do teatro español, como feminista posicionouse contra o destape.[8]
Traballou con directores como Manuel Gutiérrez Aragón,[9] Pedro Almodóvar, Manuel Gómez Pereira, Gerardo Vera, José Luis García Sánchez, Álvaro Fernández Armero, Álex de la Iglesia e José Luis Garci.[10]
Obtivo o Premio Goya á mellor interpretación feminina secundaria en 1991 pola súa interpretación no filme Todo por la pasta, de Enrique Urbizu, que protagonizou xunto coa tamén malagueña María Barranco.[11][12]
En 2017 foi a actriz principal da obra Las heridas del viento de Juan Carlos Rubio, que se presentou en Londres como parte del Festival de Teatro Español.[7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.