Velikii Novgorod
cidade de Rusia From Wikipedia, the free encyclopedia
cidade de Rusia From Wikipedia, the free encyclopedia
Velikii Novgorod (en ruso: Великий Новгород), coñecida tamén simplemente como Novgorod[1] é unha cidade da Federación Rusa situada a 190 km ao sueste de San Petersburgo, á beira do río Volkhov tras desaugar do lago Ilmen. É a capital do óblast homónimo, e ten unha poboación duns 232.200 habitantes (censo de 2004). Até o ano 1478 a cidade chamábase Gospodin Velikii Novgorod (en ruso: Господин Великий Новгород, "Señor Nóvgorod o Grande"). Logo, até 1999, o seu nome oficial pasou a ser Novgorod, e actualmente é Velikii Novgorod.
Великий Новгород (ru) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Rusia | |||
Óblasts | Oblast de Novgorod (pt) | |||
Capital de | Estado de Rurik (pt) (862–882) República de Nóvgorod (1136–1478) Novgorod Governorate (en) (1727–1927) Novgorod Okrug (en) (1927–1930) Novgorod County (en) (–1927) Óblast de Leningrado (1930–1944) Oblast de Novgorod (pt) (1944–) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 222.340 (2024) (2.468,25 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 90,08 km² | |||
Bañado por | Lago Ilmen (pt) e Rio Volkhov (pt) | |||
Altitude | 25 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Datos históricos | ||||
Creación | 859 | |||
Evento clave
| ||||
Organización política | ||||
• Xefe do goberno | Jurij Bobrysjev (en) (2007–2018) Sergey Vladimirovich Busurin (en) (2018–2022) Alexander Rozbaum (en) (2022–) | |||
Membro de | ||||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 173000–173999 | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 8162 | |||
Identificador OKTMO | 49701000001 | |||
Identificador OKATO | 49401000000 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Páxina web | adm.nov.ru |
Aparece mencionada por primeira vez no ano 856, na Crónica de Néstor, e foi, xunto con Moscova e Kíiv, unha das cidades máis importantes da Europa Oriental durante a Idade Media, e o centro do único principado que escapou do dominio mongol tras a conquista de Rusia polos mongois.
A cidade emerxeu como o centro político de pobos eslavos e fino-ugrios na metade do século X. A historia de Novgorod está estreitamente relacionada con todos os acontecementos importantes da vida do estado ruso. Na época na que o estado ruso antigo se estaba fomando, foi unha federación de tribos eslavas orientais,[2] os habitantes de Novgorod invitaron ao príncipe Rúrik para impoñer nela a orde e a lei.
De Rúrik naceu a famosa dinastía Rúrika, á que pertencen os tsares rusos que gobernaron en Rusia máis de 750 anos. A principios do século X as campañas militares dos príncipes de Novgorod contra Constantinopla para protexer as relacións comerciais con Bizancio deron como resultado a integración das tribos eslavas orientais no antigo estado da Rus de Kíiv.
A adopción do cristianismo no século X trasformou Novgorod nun importante centro eclesiástico. Os esforzos do bispo de Novgorod de estender e desenvolver a relixión cristiá ortodoxa foron recompensados a mediados do século XII, cando o bispado foi elevado a arcebispado, sendo naquela época os prelados de Novgorod os máis importantes da Igrexa Ortodoxa na Rus de Kíiv.
Novgorod é o berce de tradicións republicanas e democráticas de Rusia. Durante 600 anos, até 1478, todas as decisións vitais na súa vida e na política exterior foron tomadas polo veche, antigo parlamento constituído polos representantes das familias aristocráticas de Nóvgorod. Finalmente, todo o pobo de Novgorod tomaba parte no veche.
Novgorod foi un dos maiores centros da literatura e da produción de libros rusos. Alí, nos anos 30 do século XI, por orde do príncipe Iaroslav I o Sabio, fundouse a primeira escola para trescentos nenos. O Novgorod medieval era un dos centros artísticos máis importantes de Europa. As súas tradicións arquitectónicas, escolas de pintura de iconas, xoiaría e arte decorativa aplicada eran famosas en todo o mundo.
Na cidade encóntranse a catedral de San Nicolao e a catedral de Santa Sofía. E conta cun Kremlin que foi construído durante o reinado de Iaroslav I o Sabio, e que se menciona por primeira vez na Crónica de Néstor de 1044.
Segundo unha lenda, durante a conquista da cidade por parte das tropas moscovitas de Iván o Terríbel, unha pomba pousou no alto da cruz que coroa o domo dourado da Catedral de Santa Sofía. Ao ver os horrores cometidos polas tropas moscovitas, a pomba quedou petrificada sobre a cruz. Segundo esta lenda, cando a pomba caera, Novgorod sucumbiría.
A pomba caeu cando o exército nazi tomou Novgorod durante a segunda guerra mundial. Tras a conquista, a cruz foi levada a España por membros da División Azul, segundo dicían, para salvala dos bolxeviques. A cruz foi devolta a Santa Sofía de Novgorod por veteranos da mesma división en 2004, e situada de novo no domo dourado da catedral.[3]
A cidade é patrimonio da humanidade da UNESCO.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.