Remove ads
pintor ruso From Wikipedia, the free encyclopedia
Vasili Vasilievich Vereshchagin (en ruso Василий Василиевич Верещагин), naceu o 26 de outubro de 1842 en Cherepowez, na gobernación de Novgorod; morreu o 13 de abril de 1904 en Port Arthur, foi un famoso pintor ruso de temas militares e bélicos. Foi un dos primeiros pintores rusos que colleu sona no exterior. A natureza realística das súas pinturas fixo que, con frecuencia, non fosen reproducidas.
Fillo dun grande latifundista, con oito anos de idade foi enviado a Tsarskoe Selo para ingresar no corpo de cadetes, e con once anos entrou na Escola Naval de San Petersburgo, onde se graduou como primeiro da súa promoción, porén deixou a armada para comezar a estudar debuxo. Dous anos despois, en 1863, gañou a medalla da Academia Imperial das Artes de San Petersburgo. No ano seguinte marchou para París, onde estudou con Gerome.
En 1867 acompañou a Xeneral K. P. Kauffmann nunha expedición ao Turquestán. O seu comportamento militar no asedio de Samarcanda valeulle a cruz de San Xurxo. Viaxou nos anos seguintes polo Turquestán, en 1869, o Himalaia, a India e o Tíbet en 1873, volvendo de novo á India en 1884.
Logo dun período de duro traballo en París e Múnic, exhibiu algunhas das súas pinturas en San Petersburgo no ano 1874, entre elas dúas que causaron sorpresa polas súas formas de representar os soldados rusos: Apoteose da Guerra, unha pirámide de caveiras dedicada "a todos os conquistadores, pasados, presentes e futuros", e Deixado atrás, a pintura dun soldado sedento abandonado polos seus compañeiros.
Vereshchagin estivo co exército ruso na campaña turca de 1877. Asistíu á Batalla do Paso Shipka e ao Asedio de Pleven, onde morreu seu irmán. Foi ferido perigosamente durante os preparativos para cruzar o río Danubio, preto de Rustchuk. Á conclusión da guerra foi asignado como secretario do war he acted as secretary to Xeneral Skobelev en San Stefano.
Logo da guerra asentouse en Múnic, onde realizou as súas pinturas de guerra tan rapidamente que foi acusado de usar axudantes. O sensacionalismo dos seus asuntos pictóricos e a súa didáctica apelación en pro da paz, ao representaren os horrores bélicos, atreu a unha boa porción de público, que non se interesaba habitualmente na arte, nunha serie de exposicións das súas obras, primeiro en París en 1881, e a continuación en Londres, Berlín, Dresden, Viena e outras cidades.
Pintou tamén varias escenas de actos do goberno británico na India, como O cortexo estatal do Príncipe de Gales en Jaipur en 1876, cadro reputado como o terceiro maior do mundo.
Unha serie de pinturas súas xerou unha forte controversia. "Disparando os canóns na India británica", que representa execucións de vítimas atadas a canóns, foi criticada co argumento de que tales feitos ocorreran durante a rebelión de 1857, porén Vereshchagin representabaa en 1880, implicando que era algo normal. Ademais defendeuse argüíndo que era a execución máis humana que existía e, que en caso de producirse outra rebelión, os británicos actuarían do mesmo xeito.
Unha viaxe por Siria e Palestina en 1884, forneceulle material para pinturas sobre temas do Novo Testamento. Unha Crucifixión, abriu de novo controversias. A figura de Cristo era dun realismo insólito, e os riscos de Xesús coidouse que eran vulgares en demasía, ademais de que destacaban a súa etnicidade semítica.
En 1892, estando en Moscova, pintou unha serie, 1812, sobre as campañas rusas de Napoleón, para as que parece que se inspirou en Guerra e Paz de León Tolstoi.
Vereshchagin estivo no Afastado Oriente durante a Primeira guerra Sino-Xaponesa, coas tropas invasoras norteamericanas en Filipinas, e co exército ruso en Manchuria. Estivo vinte anos exiliado antes de ser convidado polo almirante Stepan Makarov no seu buque "Petropavlovsk" durante a Guerra Ruso-Xaponesa. O 13 de abril de 1904, o buque chocou con dúas minas saíndo ao Mar Amarelo desde Port Arthur. Tanto o almirante como Vereshchagin pereceron no afundimento do buque. A súa última obra, unha representación do estado maior, presidido polo almirante Makarov, foi recobrado case sen danos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.