política española From Wikipedia, the free encyclopedia
María Valentina Martínez Ferro, nada en Santiago de Compostela o 21 de xuño de 1976, é unha política galega do Partido Popular, deputada no Congreso dos Deputados.
Licenciouse en ciencias políticas e da administración na Universidade de Santiago de Compostela e realizou un mestrado en estudos europeos na Universidade Católica de Lovaina[1]. Especializada en relacións internacionais, formou parte da Secretaría de Relacións Internacionais do Partido Popular de 2002 a 2012[2][3].
Foi de número 28 da lista do PP para as eleccións ao Congreso dos Deputados de 2011 pola circunscrición de Madrid[4] sen saír elixida, e no ano seguinte asumiu o posto de directora de gabinete de Jorge Moragas, director pola súa banda do gabinete do presidente do Goberno, Mariano Rajoy[5]. Tras a renuncia de Alberto Ruiz-Gallardón en 2014, tomou posesión como deputada e nesa lexislatura exerceu de voceira adxunta na Comisión de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento e como vogal na Comisión de Asuntos Exteriores e mais na de Orzamentos[6][7].
Nas eleccións ao Congreso de 2016 foi de número 17 por Madrid sen entrar na cámara nun primeiro momento. Secasí, tomou posesión como deputada da XII lexislatura o 19 de xuño de 2018 ao substituír a Mariano Rajoy despois da súa renuncia[6].
Nas eleccións xerais de abril de 2019 ocupou o terceiro posto na lista do PP pola provincia da Coruña, e logrou entrar na cámara baixa[8]. En xullo de 2019 integrouse como vogal nas comisións de Asuntos Exteriores, Transición Ecolóxica, Cooperación Internacional para o Desenvolvemento e na Comisión Mixta Congreso-Senado para a Unión Europea.[9]. Dende 2019 é secretaria de relacións internacionais do PP[10]. Nas eleccións xerais de novembro recuncou na lista do partido pola Coruña e mantivo o seu escano.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.