Valentina é un filme galego de animación de 2021 dirixido por Chelo Loureiro. É a primeira longametraxe de Chelo Loureiro como directora. Foi creado con Abano Producións e Brandán Álvarez en 2D e 3D.[2] O filme tiña previsto a súa estrea en xuño de 2021[3] mais aprazouse ata o 10 de decembro dese ano. Antes da estrea oficial de Valentina, foi nomeado ao mellor filme de animación nos Premios Goya,[4][5][6] galardón que finalmente gañou.
Valentina | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Valentina |
Director | Chelo Loureiro |
Guión | Lúa Testa Chelo Loureiro |
Música | Nani García |
Estudio | Abano Producións Antaruxa El Gatoverde Producciones |
Estrea | 10 de decembro de 2021 |
Duración | 70 minutos |
Orixe | Galicia |
Xénero | Animación, infantil |
Recadación | 84.634,10 €[1] |
Na rede | |
Sinopse
"Trailer Valentina (GAL)". YouTube. Abano Producións. |
Valentina é unha nena coa síndrome de Down que soña con ser trapecista. Porén, cre que nunca poderá conseguilo. A súa avoa, que xoga con ela, tamén ten un desexo, chegar a converterse en directora de orquestra.
Personaxes
- Lucía Serén como Valentina[7]
- Alicia Rábade como Valentina (voz da canción)
- María Manuela como avoa
- Andrés Suárez Otero como papá e rei
- Lúa Testa como mamá e raíña
- Uxía Senlle como Dona Lola
- Coke Couto como alfil
- Helga Méndez como cabalo
- Pilocha como Dona Flor
Premios
Ano | Premio[8] | Resultado |
---|---|---|
2021 | XXXVIª Edición dos Premios Goya, cine de animación | Gañadora |
2022 | IX Premios Platino do Cine Iberoamericano | Nomeada |
2022 | V Premios Quirino | Nomeada |
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.