Uta Thyra Hagen, nada en Gotinga o 12 de xuño de 1919 e finada en Greenwich Village o 14 de xaneiro de 2004, foi unha actriz e profesora estadounidense. Orixinou o papel de Martha na estrea en Broadway en 1962 de Who's Afraid of Virginia Woolf?, de Edward Albee, que a chamou "unha actriz fondamente verídica". Como Hagen estaba na lista negra de Hollywood, en parte a causa da súa asociación con Paul Robeson, as súas oportunidades no cinema diminuíron e centrou a súa carreira no teatro neoiorquino.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Pechar

Posteriormente converteuse nunha influente profesora de interpretación no Herbert Berghof Studio de Nova York e escribiu textos sobre interpretación de grande éxito como Respect for Acting, con Haskel Frankel,[1] e A Challenge for the Actor. As súas contribucións fundamentais á pedagoxía teatral foron unha serie de exercicios que construíu sobre o traballo de Konstantin Stanislavski e Yevgeny Vakhtangov.

Foi elixida para o American Theater Hall of Fame en 1981.[2] Gañou en dúas ocasións o Tony á mellor actriz e recibiu un Tony especial en 1999.

Traxectoria

Filla do historiador da arte Oskar Hagen e da cantante de ópera Thyra Leisner, a súa familia emigrou aos Estados Unidos en 1924.[3] Criouse en Madison, Wisconsin, e en 1937 estableceuse en Nova York.[4]

Debutou en 1937 como Ofelia en Hamlet en Dennis, Massachusetts, na compañía de Eva Le Gallienne, á que seguiu Nina de A gaivota de Anton Chekhov e a protagonista de Saint Joan, de George Bernard Shaw. Co seu marido José Ferrer interpretou o papel de Desdémona no Otelo de Paul Robeson.

Dende 1947 destacou como mestra de actores no HB Studio[5] en Greenwich Village; entre os seus alumnos estiveron Matthew Broderick, Christine Lahti, Jason Robards, Sigourney Weaver, Liza Minnelli, Whoopi Goldberg, Jack Lemmon, Debbie Allen e Al Pacino.

Vida persoal

Uta Hagen estivo casada con José Ferrer entre 1938 e 1948.[6] Tiveron unha filla, Leticia (nada o 15 de outubro de 1940). Divorciáronse en parte pola relación de Hagen con Paul Robeson, coprotagonista de Otelo. Hagen casou con Herbert Berghof o 25 de xaneiro de 1957, unión que durou ata a morte del en 1990. Hagen faleceu en Greenwich Village en 2004 despois de sufrir un infarto en 2001.[6]

Obra

Premios

  • 1951: Premio Tony á mellor actriz, The Country Girl[7]
  • 1963: Premio Tony á mellor actriz, Who's Afraid of Virginia Woolf?
  • 1999: Premio Tony especial á toda unha vida[8]
  • 1999: Membro da American Academy of Arts and Sciences[9]
  • 2002: National Medal of Arts

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.